Encontro coa Plataforma da Rede Pexga en México

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) convídano a participar no Encontro coa Plataforma Pexga en México, que terá lugar do 21 ao 25  de novembro.

O mércores 23 de novembro levarase a cabo en Santiago de Compostela un seminario baixo o título “México: Oportunidade de Internacionalización para as Empresas Galegas”, onde catro expertos analizarán os aspectos legais, contables e administrativos a ter en conta á hora de establecerse en México así como as oportunidades que este mercado ofrece, as posibles estratexias a seguir e os factores culturais claves nunha negociación.

Do 21 ao 25 de novembro e do mesmo xeito que anteriores encontros, as empresas interesadas en facer negocios con este mercado poderán solicitar entrevistas individuais con Adriana Cao García, Directora da Plataforma Empresarial de Galicia en México, para trasladarlle as súas consultas específicas.

Información e Inscrición.