VII Semana Internacional Contract Galicia

O IGAPE organiza a  VII Edición da  Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 2 e 3 de outubro. Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional. Incluirá dúas actividades diferenciadas ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web do IGAPE, en función do seu perfil.

 

Xornada Inaugural. Luns 2 outubro de 9.30 a 16.00.
Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional.
Prazas limitadas.
Inscrición gratuíta
Programa

 

Encontros B2B Canal Contract. Luns 2 outubro de 16 a 18.30 horas e Martes 3 outubro de 10 a 14.30.
Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionales/industria galega e prescriptores internacionais do Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional. As reunións terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes.
Prazas limitadas.
Inscrición gratuíta


 
Para máis información.  jpc@igape.es