ECICII PLUS. Talleres de iniciación á exportación: Autoanálise do potencial de internacionalización: (06-06-2018 Santiago e A Coruña) (07-06-2018 Lugo)

Dirixido a: Empresas peme da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que van iniciar o seu proceso de internacionalización.

Aforamento Limitado: 20 empresas por taller.

Datas e Lugar de celebración:

  • Santiago de Compostela, 06/06/2018 (09.00 h a 13.00 h). Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703. Santiago de Compostela
  • A Coruña, 06/06/2018 (16.00 h a 20.30 h). Xunta de Galicia - Edificio administrativo 2ª planta. A Coruña
  • Lugo, 07/06/2018 (09.00 h a 13.00 h. Xunta de Galicia – Edif Adtvo., baixo. Ronda da Muralla 70, 27071 Lugo

 [Na páxina de inscrición debe selecionar a data correspondente ao taller que desexa (Santiago, A Coruña ou Lugo]

Asistencia gratuíta previa inscrición.

 CONTIDO DO TALLER:

  • Primeira parte: Expóñome abrir mercado no exterior. Primeiros pasos: riscos e oportunidades a ter en conta, localización de apoios ao proceso de internacionalización, produto/servizo a exportar, selección de mercados, preparación para a participación en feiras internacionais e misións comerciais, .....
  • Segunda parte: Autoanálisis do potencial exportador da miña empresa. Individual e confidencial. Estes talleres celébranse no marco do proxecto ECICII Plus para a nternacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal ( POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.

 

Para as empresas participantes nestes talleres que reflictan un claro potencial como empresa exportadora, o IGAPE poñerá á súa disposición a elaboración posterior dun Informe de Diagnóstico personalizado, no que se incluirá un apartado de recomendacións a ter en conta e orientación sobre os mercados que lle poidan resultar de maior interese.         

 Inscrición 

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

 

Interreg ECICIIplus