Guimarães acolleu un novo encontro do grupo de traballo do Proxecto ATClusters, que lidera o Igape PDF
Oito clusters das rexións que participan neste proxecto europeo estiveron representados nas reunións. Tres de eles eran galegos, e representaban aos sectores cárnico, acuícula e o de industrias creativas. Seguindo coa filosofía da Conferencia Transnacional celebrada en Santiago no pasado mes de marzo, desenvolvéronse, en paralelo á sesión do grupo de traballo, estes encontros entre clusters empresariais.
 
Santiago 11 de xuño de 2010.- Como xefe de filas do Proxecto europeo ATCLUSTERS, o Instituto Galego de Promoción Económica, dependente da Consellería de Economía e Industria, coordinou os traballos da nova xuntanza de traballo que vén de celebrarse en Guimarães, Portugal. Estas reunións celébranse con carácter trimestral de forma rotatoria entre as rexións membros e nesta ocasión foi o socio portugués do proxecto, a Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave (Adrave), a que actuou como anfitrioa en Guimarães do resto dos socios: a Sociedade para o Desenvolvemento Rexional de Cantabria (Sodercan); A South West Regional Authority de Cork (Irlanda); o Instituto de Desenvolvemento do Principado de Asturias (Idepa), a sociedade Betagne-Innovation, de Rennes (Francia); e o Igape en representación de Galicia. 
 
Aparte de aspectos administrativos e financeiros do proxecto, que se trataron de forma interna, contouse con dúas presentacións de clusters da rexión. En concreto, Michael Babb, en representación da Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas (ADDICT), presentou a Axencia e falou dunha das súas accións máis recentes: Portugal Criativo. Este evento tivo lugar en maio na  cidade do Porto, consistindo en diversas actuacións sobre o entorno da cidade ao mesmo tempo que se desenvolvían conferencias e talleres con expertos internacionais sobre as industrias creativas. Tras a intervención do clúster, desenvolveuse unha reunión entre o Clúster Galego de Industrias Creativas e ADDICT, onde tamén se contou coa participación de Asociación Galega de Empresas Musicais e da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).
 
ImagePor outra parte, Ondina Afonso,  en representación Portugal Foods falou da  estrutura, funcionamento e accións futuras deste clúster agroalimentario. Ao rematar a súa presentación tivo lugar unha reunión sectorial onde se contou con representantes de Reserva Astur (Cluster da pequena industria agroalimentaria de Asturias) e da Asociación de Industrias Cárnicas de Asturias. A participación galega nesta mesa sectorial correu a cargo do Clúster da Acuicultura e do Centro Tecnolóxico da Carne. Todos eles exploraron as posibilidades de establecer liñas de cooperación.
 
Tamén se uniu a este grupo de traballo unha delegación de Axencia de Desenvolvemento Rexional de Malopolska (Polonia). A axencia estaba visitando ADRAVE e foi convidada para ouvir as presentacións e coñecer aos socios do proxecto, abríndose así outra posibilidade de futuros proxectos en común.
 
Como se pode ver na imaxe, o encontro desenvolvido en Guimarães incluíu unha visita ao Centro Tecnológico das Indústrias Têxtil e do Vestuário de Portugal, onde se puideron ver as diferentes áreas de traballo do Centro, desde os Laboratorios ata os Departamentos de Formación ou o Showroom. Alén da citada delegación polaca, o grupo foi acompañado por representantes do Fashion Cluster (Portugal) e, pola parte galega, de representantes da Asociación de Industrias de Punto e Confección. Ambas entidades son socias no EUROCLUSTEX, primeiro exemplo de Clúster Transnacional entre rexións membro do proxecto.
 
Deste xeito, ó proxecto ATCLUSTERS segue amosando as súas posibilidades de cara a facilitar as  relacións entre clústers na busca de accións de cooperación.
Última actualización ( 06/10/2010 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design