| Hospedaxes logra que as empresas facturen máis achegando servizos de valor a través de Internet |
|
|
Procurar que as empresas sexan capaces de facturar máis. Así de sinxelo e ambicioso é o reto que se marca Hospedaxes, a empresa que dirixe o emprendedor Iván Fociños, constituída como sociedad limitada nueva empresa (SLNE) mediante o servizo de tramitación para a constitución telemática de sociedades que achega o Igape a través das súas diferentes oficinas territoriais.
A Coruña, 26 de maio de 2009.-Iván Fociños comezou traballando como autónomo na prestación de servizos de valor para empresas, sempre no eido das novas tecnologías. O incremento da demanda e da súa carteira de clientes obrigouno a pensar en constituír unha empresa, cousa que fixo co seu socio actual Alejandro Aguiar. Pasaron desde aquela pouco máis de tres anos e, actualmente, na súa consultora de servizos para empresas vía Internet son sete as persoas que traballan co empeño de conseguir incremento de vendas e facturación para os seus clientes a través da canle Internet.No momento de crear a súa empresa, Iván Fociños e Alejandro Aguiar temían a burocracia; temían que a administración os marease dunha oficina a outra. En cambio, todo foi moi rápido. Atendéronnos moi ben no PAIT que o Igape ten en A Coruña e puidemos esquecernos do papeleo e traballar no deseño e prestación dos servizos á medida das necesidades dos nosos clientes, explica.
Hoxendía, Hospedaxes achega eficientes solucións en desenvolvemento web, sempre dentro do ámbito do software libre. A empresa xa ten gañado recoñecemento en toda Galicia como unha das consultoras máis eficientes en ámbito especializados como son o marqueting en liña ou o posicionamento das empresas nos buscadores, na loita permanente por mellorar a súa visibilidade na rede.
Novos camiños fronte a crise
Iván Fociños advirte que, debido á actual crise económica, as canles de vendas tradicionais están en horas baixas. Por esta razón, as empresas buscan canles alternativas para dar saída aos seus produtos e aos seus servizos. As empresas galegas xa ven en Internet unha ferramenta moi importante, porque lles permite saír do ámbito local para dirixirse ao mercado español ou, incluso, ao ámbito internacional. Nesta busca de novos mercados, nós achegámoslles ferramentas e servizos á medida, sempre tomando como base o software de código libre, que permite importantes aforros en licencias.
As empresas demandan de Hospedaxes diferentes servizos como son: consultoría web, publicidade electrónica, deseño de imaxe corporativa, deseño de webs, posicionamento en buscadores, rexistro de dominios en internet ou deseño de sotware de xestión adaptado aos clientes de cada empresa.
As necesidades, segundo explica Ivan Fociños, son moi distintas: hai pequenas empresas que non teñen web e buscan apoio para dar os primeiros pasos na rede, pemes que desexan abrir unha tenda electrónica e grandes empresas que abren novas liñas de negocio e precisan posicionarse en internet. Pero mellorar o escaparate virtual e conseguir que sexa máis popular é unha das demandas máis usuais que atende Hospedaxes, unha empresa que incrementa a súa competitividade ao tempo que atende as cambiantes necesidades dos seus clientes: Neste ámbito dos buscadores, a competencia está a outro click, polo que a fidelización dos clientes é máis complexa e laboriosa, explica Iván Fociños.
A cambiante demanda, da man das esixencias do mercado global, constitúe un reto permanente para Hospedaxes, para que a empresa siga a avanzar de xeito constante, resume o emprendedor. E sempre da man do software libre, porque lles permite integrar todos os sistemas nunha única aplicación: xestores de proxectos ou documentación, sistemas de pago, escaparate electrónico... Con outra filosofía de software, a integración das distintas ferramentas non sería posible, conclúe Iván Fociños.
|
|
| Last Updated ( Monday, 01 June 2009 ) |


A Coruña, 26 de maio de 2009.-Iván Fociños comezou traballando como autónomo na prestación de servizos de valor para empresas, sempre no eido das novas tecnologías. O incremento da demanda e da súa carteira de clientes obrigouno a pensar en constituír unha empresa, cousa que fixo co seu socio actual Alejandro Aguiar. Pasaron desde aquela pouco máis de tres anos e, actualmente, na súa consultora de servizos para empresas vía Internet son sete as persoas que traballan co empeño de conseguir incremento de vendas e facturación para os seus clientes a través da canle Internet.