| Programa Directivos: Plan de internacionalización Igape-Escola de Negocios Novacaixagalicia |
|
|
Obxectivo: Mediante unha formación bilingüe impartida por profesionais de recoñecido prestixio e baixo a tutorización de consultores cunha dilatada experiencia, os participantes coñecerán as estratexias máis innovadoras para acceder a novos mercados e desenvolverán un plan adaptado as necesidades das súas empresas.
Dirixido a: Profesionais en activo cun mínimo de tres anos de experiencia directiva internacional, cun nivel de inglés fluído (o 75% do programa impártese neste idioma) e procedentes de empresas xa introducidas na actividade de importación-exportación que desexen incrementar o seu grao de internacionalización.
Admisión: Valoración do curriculum vitae e entrevista en inglés coa dirección do programa. Prioridade -no caso de demanda superior á oferta-, para profesionais de empresas de Lugo e Ourense.
Estrutura: Trátase dun programa de Formación-Acción en tres fases con clases presenciais na Escola de Negocios de Novacaixagalicia (sede de Vigo):
· Fase 1: Metodoloxía do Proceso de Internacionalización
- Duración: 3 sesións intensivas (15-22-29-marzo/ 19:30 a 13.30 e 16:00 a 20:00).
· Fase 2: Formación en Estratexias Avanzadas de Internacionalización
- Duración: 4 meses (23 marzo-14 xullo: Venres tardes e sábados mañán).
· Fase 3. Desenvolvemento tutorizado do Plan de Internacionalización
- Duración: 1 tutoría quincenal e seguimento via mail (xuño-outubro)
- Presentación do plan: novembro
Metodoloxía: Debates, xornadas, traballo en equipo presencial para mellorar a capacidade de escoita e persuasión, traballo on-line para desenvolver o manexo de información e a capacidade organizativa; práctica de presentacións eficaces en inglés; práctica da negociación intercultural mediante o Purchasing Game (deseñado pola Escola NCG en base ao uso intesivo das novas tecnoloxías) no que se negocia en directo con provedores reais de grandes multinacionais localizados en distintos países emerxentes (Turquía, Bangladesh, India, Marrocos ou China). Os participantes obteñen una valoración individualizada dos provedores e dispoñen das grabacións das negociacións como ferramenta de mellora. Plataforma dixital, documentación en soporte papel e dixital.
Prazas limitadas: 7 empresas.
Financiación: O custo do programa é de 7.000 euros por alumno dos que:
· O desconto da Escola de Negocios é de: 2.500
· A financiación de IGAPE é de: 2.500
· O custo de matrícula por alumno é de: 2.000
Servizos adicionais posformación: Encontros de Seguimento do plan, integración na Rede de Directivos da Escola de Negocios Novacaixagalicia e potencial participación na Rede de Mentores Internacionais do IGAPE. Condicións preferentes para completar á titulación Master in International Business en 3 meses (único máster internacional galego no ranking nacional 2011).
Resultados: No 2011 desenvolvéronse plans para Australia, Brasil, Japón, Panamá , Rusia e Corea do Sul. O 50% deles están en marcha.
Requisitos e recepción de solicitudes:
Para optar a este servizo os profesionais deberán cumprir cos seguintes requisitos: · Traballar nunha empresa con domicilio social en Galicia.
· Solicitar este servizo a través de solicitude servizos internacionalización indicando no campo de descrición do servizo "Programa Directivos.
Temas relacionados:
|
|
| Última actualización ( 02/03/2012 ) |


