Emprendedores

Cremos en ti, creamos empresa contigo

Emprendedores PDF
Que agromen ideas empresariais, que se convirtan en proxectos de empresas. Que ningunha iniciativa viable quede sen desenvolver por falta da formación necesaria. Que ningún proxecto deixe de implantarse por falta de financiamento axeitado. Estes son algúns obxectivos esenciais do Igape en relación cos emprendedores.
 
Achegar formación, asesoramento e titoría, no momento en que sexan requiridos, para facilitar a transformación de ideas en proxectos de empresa, por unha parte, e habilitar ferramentas, servizos e instrumentos financeiros adecuados para apoiar a implantación das novas iniciativas empresariais, por outra.
 
Coa Rede estendida do emprendedor como referenza, o programa Emprendedores busca favorecer o desenvolvemento de ideas empresariais e facilitar a conversión das ideas en empresas con futuro. O reto é asistir e apoiar aos promotores das iniciativas  empresariais na medida en que o precisen e no momento en que o precisen. Con seminarios de formación, con titores especializados, con ferramentas multimedia, con subvencións,  préstamos e garantías.
Last Updated ( Monday, 12 April 2010 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design