Exportgalicia.com é unha base de intelixencia de mercados do IGAPE en Internet co obxecto de axudar ás empresas galegas no seu proceso de internacionalización. Levouse a cabo en asociación coa empresa francesa Export Enterprises, que conta con importantes premios internacionais como o Really Useful Site Award outorgado pola Federation of International Trade Associations (EE.UU) no 2008 e o Best Economic Intelligence Tool concedido pola European Business Network en xuño de 2009.
Ademais de recoller toda a información relativa aos servizos e apoios do IGAPE á internacionalización,
Exportgalicia.com permite consultar ferramentas e bases de datos con información actualizada sobre os negocios internacionais:
♦ Estudos de mercado
♦ Alertas de negocios
♦ Feiras Comerciais
♦ Perfís Países
♦ Normas específicas dos produtos
♦ Datos de intercambios comerciais internacionais provintes das
aduanas mundiais
♦ Documentos de embarque
♦ Aranceis e impostos
♦ Información detallada sobre cómo vender, mercar, invertir
vivir, viaxar,... en 185 países
Entre outras utilidades, o portal tamén proporciona servizos personalizados como a busca de contrapartes en función da selección de país, de sector industrial e de tipo de socio (importadores, distribuidores, axentes comerciais, provedores, clientes potenciais
).
Exportgalicia.com é un servizo completamente gratuito e reservado ás empresas e institucións galegas. Pode
acceder directamente co seu usuario e contrasinal se xa está rexistrado no IGAPE ou ben darse de alta cubrindo un sinxelo
formulario.
Polo que se refire á promoción da cooperación empresarial a través do IGAPE pódese incluir unha oferta ou demanda de cooperación, ou acceder a información de oportunidades de negocio con empresas europeas a través da rede (Enterprise Europe Network) da que o Instituto forma parte
www.galacteaplus.es e con asociacións de empresarios de orixe galega mediante a rede creada por IGAPE
www.rede.galiciaexterior.es
O IGAPE apoia as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras dende Galicia, e dende os países de destino, mediante instrumentos coma os seus Centros de Promoción de Negocios ou a través de redes como a de axentes comerciais mediadores ou a dos bolseiros de promoción exterior.