A incorporación de oferta nova, distinta, mellor percibida ou mellor servida é ineludible para explicar o crecemento económico, mesmo desde unha perspectiva histórica. No crecemento económico está sempre a incorporación de productos novos ou mellores, procesos mais eficientes, técnicas de mercadotecnia e venda, aforros na produción distribución ou loxística, servizo excelente, ... que fan posible a oferta de novos produtos e a produción dos maduros en mellores condicións, de xeito que teñan éxito na venda.
Érase unha vez a innovación; semella que estiveramos diante de algo dificil de entender e só accesible para grandes e moi preparadas empresas, sen embargo non hai empresa, nin grande nin pequena, que non a leve no seu seo, desde o seu xerme; ninguén emprende un negocio sen pensar en qué ofrecer ou como oferta-lo de xeito que sexa adquirido polo cliente. Ninguén crea un negocio sen tentar diferenciarse da competencia, facendo algo diferente ou mellor; non hai empresa sen innovación, sen procura do fin das vantaxes competitivas (grandes ou pequenas) que consigan SER ELIXIDO polos clientes.
Favorecer e impulsar a xeración continua, sostida e sostible, de vantaxes competitivas que permitan ampliar os mercados e medrar de xeito áxil e mais doado ás empresas galegas, especialmente ás pemes, é o gran obxectivo da Area de Competitividade do IGAPE, das súas iniciativas e os seus programas. |
|
Last Updated ( Sunday, 11 September 2011 )
|