Investimentos
Cos que crean emprego e riqueza
Investimentos PDF
A promoción dos investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento equilibrado do territorio, é un dos obxectivos fundamentais do Igape. O instituto promove as actividades xeradoras de emprego favorecendo a implantación de proxectos contiosos, a partir de 500.000 euros, mediante a Base de Investimentos, que concede subvencións a fondo perdido compatibles cos apoios previstos na Lei de incentivos rexionais do Ministerio de Economía, tamén xestionados desde o Igape. Ademais, facilitará de xeito gratuíto servizos de apoio ao establecemento de novos proxectos, que supoñan a primeira implantación da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Para procurar a dinamización empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, as bases de apoio a investimentos facilitan o acceso ás subvencións previstas polo instituto a proxectos que se implanten nesas zonas, aínda que contemplen investimentos de só a metade do esixido con carácter xeral.
 
Última actualización ( 13/07/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design