Competitividade
Innovar para asegurar o futuro
Competitividade PDF
A incorporación de novo coñecemento é fundamental para explicar o crecemento económico, mesmo desde unha perspectiva histórica. O crecemento económico está sempre incentivado pola incorporación das novas tecnoloxías que fixeron posible a oferta de novos produtos e a produción dos vellos en mellores condicións.
 
En consonancia coa reorientación dos fondos comunitarios para o periodo 2007-2013 recollida no Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (Mecega), o tecido empresarial galego debe avanzar cara a unha economía cada vez máis baseada no coñecemento, sobre todo en sectores punteiros e con capacidade para crear valor engadido e emprego.
 

En consecuencia, o Igape favorecerá a posta en marcha de iniciativas fundamentadas na innovación e o desenvolvemento tecnolóxicos, nos investimentos de base dixital, na produción de bens e servizos intensivos en coñecemento, na colaboración e na incorporación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

Última actualización ( 23/02/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design