|
A cooperación de empresas e agrupacións de empresas, tanto entre elas como con outras entidades ou coa administración, é un proceso de suma de esforzos, recursos e talento para reducir gastos e riscos na execución de proxectos comúns. Esta colaboración constitúe unha vía especialmente valiosa para reducir tempos no acceso a novos mercados e para lograr con maior celeridade os obxectivos previstos.
A cooperación empresarial é probablemente a mellor opción que teñen as pemes, con recursos sempre máis limitados que as grandes empresas, para enfrontar con garantías de éxito os retos competitivos que formulan os novos mercados, tanto locais como internacionais.
O Igape confía na capacidade exemplificadora e de arrastre asociada ás iniciativas das agrupacións empresariais innovadoras. Por iso, incentiva o desenvolvemento de proxectos impulsados por asociacións empresariais, para reforzar dese xeito o traballo colaborativo e o propio tecido asociativo de Galicia.
Con este obxectivo, o instituto pon ao servizo das empresas e agrupacións as ferramentas necesarias para impulsar iniciativas de difusión e emprendementos colectivos, así como accións nos ámbitos da innovación, a internacionalización ou a especialización profesional.
|
|
Last Updated ( Tuesday, 25 March 2008 )
|