Co Igape é posible

PDF
O Igape é a Axencia de desenvolvemento de Galicia. Como ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propios, entre os seus principais obxectivos están os de fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo.
  
O Igape actúa de xeito proactivo e transparente, empregando tecnoloxías como a sinatura dixital para axilizar e simplificar a tramitación administrativa, e promove as actuacións de cooperación e os proxectos colectivos, liderados por agrupacións empresariais, para facer posible un efecto multiplicador na xestión dos recursos públicos.
 
Para achegar os seus servizos e axudas aos usuarios, o instituto ten oficinas territoriais nas sete principais cidades galegas. Ao mesmo tempo, para facilitar a internacionalización das pemes galegas e captar investimentos estranxeiros, dispón de Centros de Promoción de Negocios en Alemaña, China, Estados Unidos, Polonia e Xapón.
Última actualización ( 24/10/2008 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design