Incentivos económicos do IGAPE á Cooperación PDF
Incentivar o desenvolvemento de proxectos impulsados por agrupacións de empresas para reforzar o traballo colaborativo e, como consecuencia, o propio tecido asociativo galego, é o obxectivo fundamental das axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial.
 
Serán apoiadas as iniciativas de difusión realizadas por organismos intermedios na promoción da cultura emprendedora, da innovación ou da internacionalización. O Igape apoiará igualmente a creación de servizos mancomunados ou as accións de identificación e implantación de boas prácticas en conxuntos de pemes.
 
Ademais, coa finalidade de dar pulo aos agrupamentos empresariais máis innovadores e aproveitar o efecto de arrastre, establécense uns incentivos específicos á elaboración e implantacións de plans estratéxicos para as Agrupacións empresariais innovadoras galegas.
 
As axudas aplicables para este eixo son as seguintes:
 
  • IG114 - Axudas a iniciativas de difusión. Convocatoria 2009. (Artigo 4)
  • IG115 - Proxectos de servizos mancomunados (Artigo 5)
  • IG116 - Proxectos de benchmarking empresarial (Artigo 6.1.1)
  • IG117 - Proxectos de cualificación profesional (Artigo 6.1.2)
  • IG118 - Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación (Artigo 6.1.3)
  • IG119 - Proxectos de elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, cooperativos (Artigo 7.1.1)
  • IG120 - Proxectos de coordinación público-privada de plans preexistentes (Artigos 7.1.2)
  • IG121 - Preparación de proxectos de innovación para concorrer a convocatorias públicas (Artigo 7.1.3)
  • IG122 - AEIs. Posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados (Artigo 7.1.4)
  • IG123 - Organización de misións directas hacia Alemaña, Polonia, A China, O Xapón e Os Estados Unidos (Artigo 8.1.1)
  • IG124 - Organización de misións inversas de calquera país estranxeiro a Galicia (Artigo 8.1.2)
 
Última actualización ( 18/02/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design