Javier Guerra destaca que o plan re-Forza 2010 dinamizará a economía prefinanciando proxectos PDF
Os investimentos, os proxectos de reorientación da competitividade e as iniciativas de carácter colectivo poderán acollerse por primeira vez a un sistema que contempla anticipos do 50% do apoio concedido e pagos fraccionados ata o 70%. O conselleiro de Economía e Industria destacou que, a través do Igape, a Xunta impulsará especialmente este ano as iniciativas orientadas a mellorar a competitividade das empresas galegas e apoiar a internacionalización.
 
Ler máis...
 
Santiago acolle a conferencia sobre clusters e redes de innovación en Europa, que organiza o Igape PDF
Os próximos días 11 e 12 desenvolvese o cumio internacional que busca incrementar a competitividade dos clusters empresariais no mercado global, organizado pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto, que coordina o proxecto europeo AT Clusters, no que participan axencias de desenvolvemento de Portugal, Francia, Irlanda e España. No Hostal dos Reis Católicos exporase a situación actual e as perspectivas de desenvolvemento en Europa das agrupacións empresariais para facilitar a innovación empresarial a través da colaboración en redes que superan as fronteiras.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria premia 7 iniciativas innovadoras na convocatoria para fomentar a creatividade PDF
O primeiro premio correspondeu á iniciativa do biólogo Carlos Brezmes, que aposta pola creación dun centro de interpretación paleontolóxica no lago artificial de As Pontes, onde se partiría de mostrar os fósiles recuperados na mina para explicar como se desenvolveu a vida da zona en épocas pasadas. Tamén foron distinguidas iniciativas que apostan polo reciclado de compoñentes electrónicos  ou pola fabricación de abono ecolóxico mediante a transformación de algas mariñas, entre outras.
 
Última actualización ( 24/02/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria apoia a promoción internacional do sector loxístico e do porto de Ferrol PDF
O director xeral do IGAPE, Joaquín Varela de Limia, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Angel del Real Abella, asinaron esta mañá o correspondente convenio de cooperación. O obxectivo do acordo é impulsar o sector loxístico para a captación de novas actividades e investimentos dentro da estratexia de apoio ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal  impulsada pola Xunta de Galicia. A cantidade máxima recollida no convenio para impulsar estas accións de promoción internacional é de 250.000 euros e cada organismo achega o 50%.
 
Última actualización ( 22/02/2010 )
Ler máis...
 
Economía apoia a expansión de Caramelo no marco do seu programa de axudas á internacionalización PDF
O consello de administración de Xesgalicia acordou apoiar as medidas orientadas cara a expansión internacional da firma téxtil para o periodo 2010-2014, de xeito que Caramelo poida abordar novos mercados como Brasil, India, Alemania, Polonia ou Reino Unido. Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta decidida da Xunta de Galicia pola internacionalización da peme galega, cun claro reflexo nos orzamentos do plan re-Forza 2010 do Igape, que para achegar novas oportunidades e espazos de negocio ás empresas galegas teñen acadado unha subida dun 56% neste eido.
 
Última actualización ( 12/02/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria apoia a fusión de Privilege e Cuarzos Granulados e os seus novos investimentos PDF
O consello de administración de Xesgalicia, que preside o conselleiro Javier Guerra, aprobou a concesión dun préstamo de 4,5 millóns de euros a través do fondo Emprende. Os investimentos proxectados permitirán mellorar a competitividade dos procesos e a calidade e a internacionalización do produto, taboleiros aglomerados de cuarzo usados tanto en grandes infraestruturas e superficies comerciais como en encimeiras de cociñas e baños.
 
Ler máis...
 
Javier Guerra salienta a vixencia dos programas re-imaXina e re-Solve para apoiar ás empresas PDF
O conselleiro de Economía e Industria estima que estes instrumentos financeiros son fundamentais para impulsar a reactivación do tecido produtivo galego. Nun encontro con empresarios desenvolvido en Boiro, Guerra destacou que as solicitudes aprobadas polo Igape na comarca do Barbanza medraron nun 1.260% durante o pasado ano. Guerra lembrou que unha das medidas incluídas no Plan re-Forza 2010, que perfila a estratexia do Igape a prol da reactivación da economía galega, está orientada a axilizar a súa xestión interna.
 
Última actualización ( 04/02/2010 )
Ler máis...
 
Prorrogado ata o 30 de xuño o prazo para solicitar financiamento de circulante ao amparo do re-Solve PDF
Economía e Industria prorroga ata o 30 de xuño de 2010 o prazo de presentación de solicitudes no marco de plan re-Solve para manter o apoio ao financiamento de circulante para autónomos, microempresas e pemes. O consello de dirección do Igape, que preside Javier Guerra, estimou que este instrumento é fundamental para impulsar a reactivación do tecido produtivo galego. O Instituto recibiu ata o momento case 900 solicitudes de financiamento ao amparo do plan de garantías que inclúe os programas re-Solve e re-Brote, para mobilizar financiamento por importe de 131 millóns de euros.
 
Última actualización ( 03/02/2010 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 10 de 67
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design