Título do programa / axuda

IG115 - PROXECTOS DE SERVIZOS MANCOMUNADOS (ART. 5)

Finalidade/Obxectivo

Proxectos de creación de servizos mancomunados promovidos e dependentes do organismo intermedio para o servizo das pequenas e medianas empresas, nos eidos do control ou ensaio de produto, loxística compartida, e similares.

Tipo de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Entidades sen fin de lucro, con personalidade xurídica propia (organismos intermedios), que cumpran as seguintes condicións:
a) Que estean domiciliadas en Galicia.
b) Que a súa actividade estea dirixida eminentemente ao mundo empresarial.
c) Os organismos intermedios deberán ter carácter sectorial.

- Que aporten ao proxecto polo menos un 25% con recursos propios ou financiamento alleo, para gastos de investimento, sen ser obxecto de axuda ou subvención algunha

- Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

No caso das liñas de axuda que se incardinan no Regulamento (CE) nº 800/2008, non deberán estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión da Unión Europea, que teña declarado unha axuda ilegal ou incompatible co mercado común.

Para aquelas actividades que estean dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.


Sectores incentivables

Calquera actividade empresarial non excluída no Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión do 6 de agosto de 2008.

Investimentos e/ou gastos computables

a) Investimentos en equipamento e instrumental (o 40% de intensidade de axuda sobre a base subvencionable).
b) Gastos de estudos de viabilidade e de proxecto construtivo (o 50% de intensidade de axuda sobre a base subvencionable, cun límite de 10.000 €).

Contía das axudas

O 40% de intensidade de axuda sobre a base subvencionable de investimentos en equipamento e instrumental
O 50% de intensidade de axuda sobre a base subvencionable dos gastos de estudos de viabilidade e de proxecto construtivo , cun límite de 10.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela o prazo comezará o día hábil seguinte, e pecharase o 30 de marzo de 2009 (DOG nº 31 do 13/02/2009 )

Incompatibilidades

A subvención será incompatible con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape. Será compatible, non obstante, con programas de axuda financeira do instituto como pode ser, entre outros, a subsidiación ao tipo de xuro e tamén con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados, sempre e cando o seu cómputo non exceda os límites establecidos no Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión do 6 de agosto de 2008, xeral de exención por categorías (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).

Referencia lexislativa

Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº 55 do 18/03/2008) - Nova redacción das bases reguladoras dos Incentivos Económicos
Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº73 do 16/04/2008) - Corrección de erros
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) - Modificación das bases reguladoras dos Incentivos Económicos
Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº40 do 26/02/2009) - Corrección de erros da modificación das bases reguladoras

Información e tramitación en:

Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo de internet ou dos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147.


Observacións

Aos expedientes tramitados en réxime de concurrencia competitiva ao abeiro das bases establecidas na Resolución do 12 de marzo de 2008 que se atopen pendentes de resolución no momento de publicación desta modificación, seralles de aplicación esta modificación.

Os proxectos non poderán ser comezados antes da presentación da solicitude de apoio.

Os proxectos presentados por empresas que non cumpran os requisitos de pequena e mediana empresa segundo o Regulamento (CE) nº 800/2008 terán ademais que acreditar ao IGAPE o efecto incentivador da subvención solicitada. A tal efecto deberá presentar un documento onde se reflicte que a concesión da axuda suporá ben un incremento substancial no tamaño ou no alcance do proxecto, ben un incremento substancial do importe total desembolsado polo beneficiario no proxecto, ben unha aceleración substancial da finalización do proxecto ou da actividade en cuestión, ou ben que de non ser pola axuda o proxecto de investimento non se implantaría en Galicia.

Os bens obxecto do investimento deberán ser de primeiro uso empresarial e adquiridos polo beneficiario en propiedade.

O investimento terá que manterse no centro de traballo en Galicia durante os tres anos seguintes á finalización do prazo de vixencia.


Vixencia/Convocatoria

Marca bermellaO prazo de presentación finalizou o 30/03/2009

Documentación

Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº 55 do 18/03/2008) – Bases reguladoras Ver

Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG Nº73 do 16/04/2008) - Corrección de erros Ver

Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº31 do 13/02/2009) – Modificación das bases reguladoras dos Incentivos Económicos Ver

Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº40 do 26/02/2009) - Corrección de erros da modificación das bases Ver

Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG Nº40 do 26/02/2009) - Corrección de erros da modificación das bases Ver

Oficina virtual

Esta axuda non ten definida unha oficina virtual
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design