Título do programa / axuda

IG123 - INTERNACIONAL - MISIÓNS COMERCIAIS DIRECTAS (2010)

Finalidade/Obxectivo

Impulsar a organización e coordinación de misións colectivas de empresas galegas ao estranxeiro para prospeción de novos mercados e contactar con potenciais clientes ou socios.

Tipo de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva

Beneficiarios potenciais

Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas. Enténdese por empresa galega aquela empresa que teña domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nas misións deberán participar como mínimo 10 e como máximo 30 empresas galegas (poderán aprobarse excepcionalmente participacións inferiores a 10 empresas, no caso de que se trate dunha misión de sectores de menor representatividade en Galicia polo que se refire a número de empresas).

Excluiránse da subvención aquelas empresas que non teñan establecida unha axenda de entrevistas con alomenos tres potenciais clientes.

En todos os casos deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.


Sectores incentivables

Calquera actividade económica, incluso a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento relativo ás axudas de mínimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro conforme ao establecido nos correspondentes Regulamentos.

Requisitos principais do proxecto

Actuacións a realizar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2010 ou, no seu caso, dentro do prazo fixado mediante resolución nas convocatorias sucesivas destas axudas.

Será subvencionable a organización de misións empresariais que promovan os beneficiarios co obxecto de entrar en contacto directamente con importadores, distribuidores e outras empresas para analizar as posibilidades de cooperación, dar a coñecer produtos ou servizos e, en xeral, avaliar as posibilidades reais de calquer mercado exterior.

O solicitante obrígase a difundir entre os organismos intermedios homólogos a convocatoria da misión e a remitir dita convocatoria ao Igape con antelación suficiente, para a súa difusión por parte do Instituto. O solicitante poderá cobrar unha cota de participación na misión aos non asociados para cubrir parte dos gastos incurridos e non subvencionados polo Igape. O Igape poderá, de estimalo oportuno, participar na misión.


Investimentos e/ou gastos computables

Considéranse conceptos subvencionables os seguintes:

a) Os gastos de viaxe e aloxamento: dos representantes de cada empresa e organismo intermedio do tipo dos citados no apartado beneficiarios. Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo.
b) Os gastos de consultaría externa especializada no mercado obxectivo, tanto previa como durante a misión para información do mercado e para a preparación de axendas de reunións de negocios.
c) Os gastos de servizos de interpretación durante a misión.
d) Os gastos de envío e de retorno de catálogos, produtos e outros materiais precisos para a misión.
e) Os gastos de aluguer do espazo para presentacións, exposicións e/ou encontros empresariais.

No caso de misións a países onde o Igape ten Centro de Promoción de Negocios: Alemaña, China, Estados Unidos, Xapón e Polonia o servizo en destino será prestado polo Igape gratuitamente, excluíndose neste caso os gastos en destino referentes ao punto b).

Serán subvencionables os investimentos e gastos realizados e pagados dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase o 1 de xaneiro de 2010 e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.

Quedan expresamente excluídos os gastos seguintes:

- Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda. Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando o solicitante da axuda sexa unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro e acredite mediante a correspondente certificación que se atopa acollido ao réxime de exención do IVE.
- Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido
- Quedan excluídas as axudas á exportación (aquelas directamente asociadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e ao funcionamento dunha rede de distribución e aos gastos correntes derivados da actividade exportadora)

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros pola subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultaría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas a diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben. A elección entre as ofertas presentadas deberán achegarse na xustificación.

Nun mesmo exercicio orzamentario non poderá concederse a un mesmo solicitante ao abeiro destas bases unha subvención total por máis de 70.000 euros no caso solicitudes de empresas individuais, 150.000 euros no caso de solicitudes de agrupacións de empresas e 200.000 euros no caso de organismos intermedios.


Contía das axudas

A contía por empresa e organismo/s intermedios participantes na misión será:

a) Misións a Brasil, Rusia, India, China ou México: 50% sobre o gasto subvencionable. Máx: 7.000 euros por participante na misión.

b) Misións aos 12 últimos países adheridos á UE (Bulgaria, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, República Checa, Romanía) e os 3 países candidatos oficiais á preadhesión (Croacia, República de Macedonia,Turquía): 50% sobre o gasto subvencionable. Máx: 4.000 euros por participante na misión.

c) Misións ao resto de países: 40% de subvención sobre os gastos subvencionables co límite de 3.000 euros por participante para misións con destino Europa -agás Rusia (citado no apartado a), e países citados no apartado b-; e 6.000 euros por participante para misións a países fóra de Europa agás os citados no apartado a.

O número de participantes a efectos da cuantía máxima de axuda cóntase pola entidade que viaxa, non polo número de persoas que viaxan.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación comezará ó día seguinte ó da publicación no DOG e rematará o 30 de xuño de 2010

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.


Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que se respecten as intensidades de axuda máxima indicadas nos regulamentos da UE aplicables.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

Este límite será de 100.000 euros para as empresas do sector de transporte por estrada; 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro; e 7.500 euros para as empre¬sas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.


Referencia lexislativa

Resolución do 6 de abril de 2010 (DOG Nº 67 do 12/04/2010) - Bases reguladoras e convocatoria

Información e tramitación en:

Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Asistencia Técnica a través dos teléfonos 902 300 903 ou 981 541 147


Observacións

O beneficiario ten un prazo improrrogable dun mes para presentar a solicitude de cobramento que comezará a contar desde o día seguinte á data límite de execución do proxecto ou desde a data de notificación da resolución de concesión se fose posterior.

Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Vixencia/Convocatoria

Marca bermellaO prazo de presentación finalizou o 30/06/2010

Documentación

Resolución do 6 de abril de 2010 (DOG Nº 67 do 12/04/2010) - Bases reguladoras e convocatoria Ver

Oficina virtual

Esta axuda non ten definida unha oficina virtual
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design