Título do programa / axuda

IG148 - PROXECTOS DE FORMACIÓN EMPRESARIAL (2010)

Finalidade/Obxectivo

Programas de formación empresarial en áreas concretas de xestión ou organización empresarial dirixidos a directivos, mandos intermedios ou persoal técnico de Pemes galegas.

Tipo de apoio

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Entidades sen fin de lucro, con personalidade xurídica propia (Organismos intermedios) que cumpran as seguintes condicións:

a) Que estén domiciliados en Galicia ou que tendo algún centro de actividade en Galicia desenvolvan en Galicia, na súa totalidade, o proxecto obxecto de apoio.
b) Que a súa actividade estea dirixida eminentemente ao mundo empresarial.

O beneficiario deberá achegar unha contribución financieira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou financiamento externo.

Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no IGAPE. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do Regulamento Xeral de Exención (Regulamento CE 800/2008).

Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os proxectos presentados por empresas que non cumpran os requisitos de peme segundo o Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008), terán ademais que acreditar ao Igape o efecto incentivador da subvención solicitada.

Sectores incentivables

Están excluídas as seguintes actividades:

a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura:
•CNAE 09: Divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases)
•CNAE 09: Grupo 10.2 (todas as clases)

b) O sector da industria siderúrxica:
•CNAE 09: Grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52

c) O sector de fibras sintéticas

d) O sector do carbón e do aceiro:
•CNAE 09: División 05 (todos os grupos e clases)

e) O sector da construción naval:
•CNAE 09: Clase 30.11

Requisitos principais do proxecto

Programas de formación empresarial en áreas concretas de xestión ou organización empresarial dirixidos a directivos, mandos intermedios ou persoal técnico de Pemes galegas.
Deberán ser proxectos coa participación de polo menos 10 persoas pertencentes a 5 ou máis pequenas e medianas empresas galegas, definidas ou identificadas, participantes no proxecto. O límite de duración da formación presencial establécese en 50 horas, podendo complementarse con formación telemática.

Investimentos e/ou gastos computables

a) Custos externos de formadores
b) Custos externos de formación on-line
c) De ser o caso, custo de aluguer de aulas equipadas

Serán subvencionables os gastos realizados e pagados dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos. Este prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión.

Contía das axudas

Límite xeral do 60% de axuda, considerándose integrados na base subvencionable os conceptos seguintes:

a) Custos externos de formadores cun límite de custo subvencionable de 120 €/h. de formación presencial e co máximo de 50 h. presenciais por programa.

b) Custos externos de formación on-line cun custo máximo subvencionable total non superior ao custo da formación presencial.

c) De ser o caso, custo de aluguer de aulas equipadas, ata un importe equivalente ao dos demais custos subvencionables.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comenzará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte), e rematará o 28 de febreiro de 2011.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Incompatibilidades

Esta subvención será incompatible con calquera outra axuda ou subvención para o mesmo proxecto cofinanciada con Fondos ou Instrumentos da UE.

Noutro caso, e salvo disposición en contrario para cada liña de axuda, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de subvención doutras administracións ou institucións, sempre que respecten as intensidades de axuda máxima indicadas na súa regulamentación específica.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.


Referencia lexislativa

Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG Nº73 do 20/04/2010) - Bases reguladoras das axudas aos proxectos colectivos empresariais.
Resolución do 7 de maio de 2010 (DOG Nº93 do 19/05/2010) - Modificación do prazo de solicitude, execución dos proxectos e de presentación do cobro.
Resolución do 28 de setembro do 2010 (DOG Nº191 do 04/10/2010) - Ampliación do prazo de execución
Resolución do 19 de xaneiro de 2011 (DOG Nº14 do 21/01/2011) - Convocatoria 2011
Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG Nº39 do 24/02/2012) - Modificación das bases reguladoras


Información e tramitación en:

Información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa@igape.es

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo de internet ou dos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147


Observacións

O prazo de execución dos proxectos no ano 2010 non poderá superar o 29 de outubro do 2010.
Para o ano 2010, o prazo de presentación de solicitude de cobramento, non poderá superar o 15 de novembro.

Para o ano 2011 o prazo de execución dos proyectos non poderá superar o 30 de setembro do 2011.

Os beneficiarios deberán presentar as solicitudes de cobro no prazo improrrogable dun mes contado desde o día seguinte á data límite de execución do proxecto subvencionado indicado na resolución de concesión, ou se a data de publicación da resolución de concesión fose posterior, desde o día seguinte a esta data de publicación da resolución, e nunca posterior ao 30 de outubro.

Para presentar esta solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es


Vixencia/Convocatoria

Marca bermellaO prazo de presentación finalizou o 28/02/2011

Documentación

Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG Nº73 do 20/04/2010) - Bases reguladoras Ver

Resolución do 7 de maio de 2010 (DOG Nº93 do 19/05/2010) - Modificación prazos de solicitude, execución proxectos e presentación cobro Ver

Resolución do 28 de setembro do 2010 (DOG Nº191 do 04/10/2010) - Ampliación prazo de execución Ver

Resolución do 19 de xaneiro de 2011 (DOG Nº14 do 21/01/2011) - Convocatoria 2011 Ver

Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG Nº39 do 24/02/2012) - Modificación das bases Ver

Oficina virtual

Antes de presentar un expediente debe Entrar coma usuario rexistrado
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design