Título do programa / axuda

CONVENIO IGAPE-ICO-EEFF 2010

Finalidade/Obxectivo

Establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas ICO 2010 do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Tipo de apoio

Subsidiación ó tipo de xuro das operación de préstamos e leasing ou, se é o caso, na subvención do custe da comisión do aval financiero prestado por unha SGR. Réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciais

Autónomos, microempresas ou pequenas ou medianas empresas (Pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 que formalizasen operacións de préstamo/ leasing con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO) por un importe superior a 25.000 € e cumpran coas condicións específicas establecidas nestas bases.

Os beneficiarios terán que estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia, e non ser considerados empresas en crise no sentido das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestructuración de empresas en crise (D.O. C244 do 1.10.2004), e cumprir as condicións específicas para cada liña establecidas no artigo terceiro destas bases.


Sectores incentivables

- Liña ICO-ECONOMÍA SUSTENTABLE: Actividades do Anexo I.
- Liña ICO-INVESTIMENTO: Actividades do Anexo I.
- Liña INTERNACIONAL: Todas agás as excluídas pola Comisión Europea.
- Liña EMPRENDEDORES: Todas agás as excluídas pola Comisión Europea.


Requisitos principais do proxecto

• Liña ICO-ECONOMÍA SUSTENTABLE

Beneficiarios: autónomos, Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Actividade: Os proxectos obxecto de financiamento terán que corresponderse, con independencia da actividade da empresa, con algún dos sectores obxectivo sinalados no anexo I, para esta liña.
Considéranse subvencionables todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e), f) e g) do Tratado ás axudas de minimis.

Localización: o proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia. No caso de proxectos de adquisición de empresas, a empresa adquirente e adquirida deberán ter o seu domicilio social en Galicia.

• Liña ICO-INVESTIMENTO

Beneficiarios: Autónomos, Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Actividade: as sinaladas no anexo I.
Non obstante, no caso de proxectos de investimento que se localicen en polígonos industriais dos concellos preferentes, considéranse subvencionables todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e), f) e g) do Tratado ás axudas de minimis.

Localización: o proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia. No caso de proxectos de adquisición de empresas, a empresa adquirente e adquirida deberán ter o seu domicilio social en Galicia.

• Liña ICO-INTERNACIONAL

Beneficiarios: autónomos, Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Actividade: poderán ser obxecto de financiamento todas as actividades económicas, agás as excluídas nas letras c), d) e), f) e g) do Tratado ás axudas de minimis.

Localización: o proxecto de investimento deberá realizarse fóra do territorio do Estado español. No caso de proxectos de adquisición de empresas, a empresa adquirente deberá ter o seu domicilio social en Galicia.

• Liña ICO-EMPRENDEDORES

Beneficiarios: microempresas constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2009 ou ben profesionais autónomos que se dean de alta no IAE desde a dita data. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Actividade: todas as actividades económicas, agás as excluídas nas letras c), d) e),f) e g) do Tratado ás axudas de minimis

Localización: o proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia. No caso de proxectos de adquisición de empresas, a empresa adquirente e adquirida deberán ter o su domicilio social en Galicia

O importe mínimo de financiamento será de 25.000 € por beneficiario, e o máximo será o establecido polo ICO para cada unha das liñas:

Autónomos, microempresas e pequenas empresas:
a) Para a LIÑA ECONOMÍA SOSTIBLE, INVESTIMENTO e a LIÑA INTERNACIONAL: 2.000.000 euros
b) Para a LIÑA EMPRENDEDORES: 300.000 euros (só autónomos e microempresas).

Medianas empresas:
a) Para a LIÑA ECONOMÍA SOSTIBLE: 50.000.000 euros.
b) Para a liña INVESTIMENTO: 10.000.000 euros.
c) Para a liña INTERNACIONAL: 10.000.000 euros.

A porcentaxe de financiamento autorizada polo ICO poderá acadar o 100% do proxecto en calquera das liñas, non obstante a subsidiación do Igape calcularase para o 80% da operación financeira.

Os prazos e sistemas de amortización establecidos polo ICO, son os seguintes:

- 3 anos, sen carencia para o pagamento do principal.
- 5 anos, con 0 ou con 1 ano de carencia para o pagamento do principal.
- 7 anos, con 0 ou con 2 anos de carencia para o pagamento do principal.
- 10 anos, con 0 ou con 3 anos de carencia para o pagamento do principal.
- 12 anos, con 0 ou con 3 anos de carencia para o pagamento do principal.
- 15 anos, con 0 ou con 3 anos de carencia para o pagamento do principal (só para a liña de economía sostible).
- 20 anos, con 0 ou con 3 anos de carencia para o pagamento do principal (só para a liña de economía sostible).

Os tipos de xuro serán os establecidos polo ICO nos respectivos contratos de financiamento asinados coas entidades financeiras mediadoras.

As entidades de crédito non poden cobrar cantidade ningunha polas xestións relativas ao cumprimento das obrigas destas bases. Para estes efectos, non se considerará comisión, o cobramento, dentro dos límites que a entidades de crédito tivese autorizados polo Banco de España, da tarifa de reclamación de posición debedoras.

No caso de que a operación sexa avalada por unha sociedade de garantía recíproca, estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano.


Investimentos e/ou gastos computables

Os conceptos de investimento subvencionables serán os seguintes:

- Activos fixos productivos novos ou de segunda man.
- Vehículos turismos, cun prezo máximo de 24.000 € (no caso da liña economía sostible, deberá tratarse de vehículos ecolóxicos ou híbridos).
- Adquisición de empresas.
- Gastos inherentes á constitución da empresa, co límite do 10% do proxecto (exclusivamente na liña de emprendedores).
- Activos circulantes ligados ao proxecto de investimento (exclusivamente n aliña de internacionalización no caso de creación de empresas no extranxeiro).

Por activo productivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade principal da empresa descrita no obxeto social da devandita empresa.

Os beneficiarios deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia do préstamo/ leasing

En ningún caso serán subvencionables por parte do Igape:
- Reestruturacións de pasivo ou refinanciamentos.
- Activo corrente, agás na liña de internacionalización.
- Investimentos cuxa finalidade sexa a deslocalización da empresa.
- Vehículos de transporte, no sector de transporte por estrada.
- Adquisición ou construción de buques de pesca.
- O Imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.


Contía das axudas

1.- A axuda do Igape consistirá na subsidiación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamo/leasing acollidas a estas bases e, se é o caso, na subvención do custo da comisión do aval financeiro prestado por unha SGR.

A subsidiación ao tipo de xuro poderá ser a seguinte:

• Con carácter xeral, 0,75 puntos porcentuais.
• No caso de proxectos de adquisición de empresas correspondentes aos sectores conserveiro, téxtil, pedra natural, automoción, naval e agroalimentario, 1,50 puntos porcentuais.
• No caso de proxectos de investimento, ou adquisición de empresas que se localicen, ou teña o adquirente o domicilio social, nos concellos preferentes relacionados no Anexo V, 2,65 puntos porcentuais.

No caso de que as operacións de préstamo/leasing fosen avaladas por unha SGR que subscriba o convenio, o custo da comisión do aval financeiro prestado será integramente subvencionada polo Igape.

2.- A axuda financeira que se conceda, tanto a subsidiación ao tipo de xuro como, se é o caso, a subvención da comisión de aval da SGR, pagarase dunha soa vez.

No caso de que o préstamo/leasing fose formalizado a un prazo superior a 7 anos, a subsidiación e comisión de aval da SGR, calcularase de xeito teórico, coma se fose a 7 anos, incluída a carencia.

O importe resultante da axuda destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo/ leasing, non podendo a entidade financeira cobrar comisión ningunha pola dita amortización.

No caso de que o préstamo/leasing sexa amortizado, total ou parcialmente, calcularase o novo importe da subvención e o importe a reintegrar polo beneficiario ao Igape, que deberá realizar na forma e prazos que se estableza na resolución de reintegro.

3.- No suposto de que o tipo de xuro alcanzase niveis inferiores aos puntos de subsidiación incluída, se é o caso, a bonificación do ICO, a axuda do Igape limitaríase ao tipo de xuro establecido para a vixencia do préstamo/leasing, ou ben para o primeiro período, no caso de operacións a tipo de xuro variable. É dicir, o tipo de xuro resultante, tras a bonificación de xuros non poderá ser inferior a cero.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 21 de xaneiro do 2011. Prorrogado ata o 14 de febreiro de 2011

O prazo de presentación no Igape, por parte das entidades financeiras, rematará o 14 de marzo de 2011.


Incompatibilidades

Serán compatibles con calquera outras axuda pública ou privada - pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis; isto é, de xeito xeral as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros brutos durante calquera período de tres exercicios fiscais; para as empresas do sector transporte de mercancías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros brutos durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 7.500 euros brutos durante calquera período de tres exercicios.


Referencia lexislativa

Resolución do 23 de novembro de 2010 (DOG Nº230 do 30/11/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
Resolución do 20 de xaneiro de 2011 (DOG Nº15 do 24/01/2011) - Modificación das bases reguladoras
Resolución do 20 de xaneiro de 2011 (DOG Nº15 do 24/01/2011) - Prórroga do prazo de presentación
Resolución do 13 de xuño de 2011 (DOG Nº138 do 19/07/2011) - Ampliación da dotación orzamentaria
Resolución do 13 de xuño de 2011 (DOG Nº143 do 27/07/2011) - Corrección de erros


Información e tramitación en:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado, ou a entidade colaboradora no seu nome, deberá cubrir previamente un cuestionario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través do enderezo de internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez cuberto o cuestionario, este pasará á disposición da entidade financeira na Extranet de Entidades Colaboradoras e xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade financeira, asinada polo solicitante (Anexo II). Nesta solicitude, apodérase á entidade financeira para que tramite, en nome do solicitante, o expediente de axuda ante o Igape.

A fin de prestar asistencia na formalización do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, nos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147. Tamén se poderá recibir asistencia na propia entidade financeira colaboradora. Deberanse cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tralo cal a aplicación emitirá un Identificador de Documento Electrónico (IDE) que identificará univocamente o cuestionario.

As entidades de crédito colaboradoras centralizarán as solicitudes de axuda recibidas nas distintas sucursais e solicitarán en nome do interesado a axuda financeira no Igape no prazo dun mes a contar desde a entrada do cuestionario na Extranet das Entidades Colaboradoras.

As solicitudes da entidade de crédito ao Igape presentaranse a través da “Extranet de Entidades Colaboradoras” sendo esta vía telemática obrigatoria.

Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario, ou ben a entidade colaboradora no seu nome, deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es


Observacións

Información sobre o ICO a través da súa páxina web www.ico.es, ou no número de teléfono 900 121 121

Vixencia/Convocatoria

Marca bermellaO prazo de presentación finalizou o 14/02/2011

Documentación

Resolución do 23 de novembro de 2010 (DOG Nº230 do 30/11/2010) - Bases e convocatoria 2010 Ver

Formularios Ver

Resolución do 20 de xaneiro de 2011 (DOG Nº15 do 24/01/2011) - Modificación das bases Ver

Resolución do 20 de xaneiro de 2011 (DOG Nº15 do 24/01/2011) - Ampliación prazo Ver

Resolución do 13 de xuño de 2011 (DOG Nº138 do 19/07/2011) - Ampliación orzamentaria Ver

Resolución do 13 de xuño de 2011 (DOG Nº143 do 27/07/2011) - Corrección de erros Ver

Oficina virtual

Antes de presentar un expediente debe Entrar coma usuario rexistrado
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design