Título do programa / axuda
IG136 - LIÑA MICROCRÉDITOS 2011 - PROGRAMA RE-IMAXINAFinalidade/Obxectivo
Facilitar o acceso ao financiamento dos investimentos das microempresas.Tipo de apoio
Préstamos para financiar investimentos nas microempresas galegas.Beneficiarios potenciais
Poderán ser beneficiarias aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia, cun máximo de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Sectores incentivables
Todas as actividades económicas, agás:a) As actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados a actividade de exportación.
b) As actividades do sector do carbón.
Requisitos principais do proxecto
• Importe do préstamo: máximo de 25.000 euros. O risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro da liña non poderá superar os 25.000 euros.• O tipo de xuro nominal anual para as operacións acollidas a esta liña será fixo do 4,05%.
• O importe dos préstamos subvencionables pode acadar ata o 100% dos investimentos financiables.
• O prazo de reembolso será de 5 anos, incluído ata 1 ano de carencia na amortización do principal.
• A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario. As amortizacións anticipadas parciais poderán aplicarse a reducir, en igual contía, as cotas de amortización restantes.
• Comisións. As entidades de crédito adheridas non lles repercutirán aos prestameiros e avalados ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación destas bases.
• Achegas ás SGR. Os prestameiros deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á sociedade de garantía recíproca que corresponda, e aboar as comisións de aval e de estudo que se devenguen.
• Garantías da operación. As operacións formalizadas ao abeiro destas bases contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 80% do importe do financiamento. As sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras pola parte non avalada polas citadas SGR, non requirirán outra garantía adicional máis que as persoais da/s propia/s persoa/s que promovan ou desenvolvan a actividade empresarial e os seus socios, podendo figurar tamén como avalistas os cónxuxes, ou parellas de feito.
Previamente á utilización dos fondos da conta específica, a entidade de crédito requirirá aos prestameiros a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento.
Investimentos e/ou gastos computables
O proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros.Con carácter xeral, serán financiables os seguintes conceptos:
a) Inmobilizado material, agás a adquisición de terreos e edificacións:
- Reforma e axeitamento de locais.
- Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente.
- Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais, agás vehículos de transporte de mercadorías por estrada por parte de empresas que realicen esta actividade por conta allea.
- Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.
- Outros investimentos en activos fixos materiais.
b) Inmobilizado inmaterial: únicamente aplicacións informáticas, propiedade industrial, propiedade intelectual, canons de entrada de concesións administrativas ou de franquías, e investimentos de acondicionamento realizados nun local arrendado e que queden definitivamente incorporados a aquel.
Poderán ser financiables bens usados.
Non poderán financiarse os impostos indirectos recuperables que graven a adquisición, nin as achegas a realizar ás sociedades de garantía recíproca.
Poderán ser financiados os investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2011.
Contía das axudas
Por cada operación aprobada, o Igape aboará ás entidades de crédito e sociedades de garantía recíproca asinantes do Convenio o 11,38% do importe do préstamo subvencionable, dos cales 8,13 puntos porcentuais serán aboados á entidade de crédito; e 3,25 á sociedade de garantía recíproca en todas as liñas, ambas as achegas cun mínimo de 250 € por operación.Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte á publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2011Incompatibilidades
As subvencións financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de mínimis.Non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas de financiamento contempladas nestas bases.
Non poderán ser beneficiarias das liñas de financiamento contempladas nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise.
Serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea
Referencia lexislativa
Resolución do 14 de xuño de 2011 (DOG Nº119 do 22/06/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011Resolución do 20 de xullo de 2011 (DOG Nº151 do 08/08/2011) - Adhesión entidade financeira
Información e tramitación en:
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.esUnha vez cuberto o cuestionario, xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade de crédito, asinada polo solicitante (anexo I).
A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape pon a disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Técnica, a través dos números de teléfono 902 300 903 ou 981 541 147
Observacións
O prazo para a formalización da operación financeira vencerá aos 3 meses dende a data de notificación da resolución de concesión da axuda do Igape.Aqueles expedientes solicitados ao abeiro da Resolución do 22 de xullo de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuren pendentes de Resolución por parte do Igape, poderán ser beneficiarios das axudas previstas nas presentes bases, previa presentación da correspondente solicitude, admitíndose nestes supostos o financiamento de investimentos anteriores ao 1 de xaneiro de 2011.
Vixencia/Convocatoria
O prazo de presentación finalizou o 30/09/2011Documentación
Resolución do 14 de xuño de 2011 (DOG Nº119 do 22/06/2011) - Bases e convocatoria 2011 VerResolución do 20 de xullo de 2011 (DOG Nº151 do 08/08/2011) - Adhesión entidade financeira Ver

