Título do programa / axuda
IG124 - INTERNACIONAL - LIÑA MISIÓNS INVERSAS (2012)Finalidade/Obxectivo
Impulsar a organización e coordinación de misións inversas do estranxeiro a Galicia, que favorezan un colectivo de empresas galegas para as dar a coñecer, e para facilitar o contacto con potenciais clientes ou socios. Contribuír a incrementar o coñecemento e capital intelectual das empresas galegas favorecendo o intercambio de coñecementos e tecnoloxías, contribuír á promoción das empresas galegas no exterior ao incremento da carteira de clientes e á cooperación con empresas do exterior, así como contribuír ao investimento do exterior en Galicia.Tipo de apoio
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.Beneficiarios potenciais
Poderán ser beneficiarios desta liña de axudas as asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen a un colectivo de empresas galegas. E centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31/12/2011 no Rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.Sectores incentivables
Calquera actividade económica, incluso a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento relativo ás axudas de mínimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro conforme ao establecido nos correspondentes Regulamentos.Requisitos principais do proxecto
Será subvencionable a organización de misións empresariais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia, de importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores co obxecto de dar a coñecer ao exterior as empresas galegas e as posibilidades dos sectores empresariais galegos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación entre empresas galegas e do exterior e oportunidades de expansión exterior das empresas galegas.* Requisitos para a concesión da subvención:
Nestas misións inversas deberán estar involucradas como mínimo 5 empresas galegas. Enténdese por empresa galega aquela empresa que teña domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación do estranxeiro subvencionable estimada -detalle dos participantes previstos-, deberá constar no cuestionario previo de solicitude e a participación do estranxeiro subvencionable definitiva deberá acreditarse na fase de liquidación mediante certificación do solicitante da axuda. A eventual variación na participación, no seu caso, dará lugar á minoración da subvención.
O solicitante debe achegar no cuestionario de solicitude, información que identifique os profesionais que se contratarán para labores de consultoría ou asistencia obxecto desta liña, que acredite a súa experiencia no tipo de traballos obxecto da subvención, e que acredite que dispoñen de medios persoais propios ou concertados con terceiros para poder realizar de maneira efectiva os traballos subvencionables (a non acreditación desta capacitación implicará a denegación ou perda da subvención). Este requisito non será necesario no caso de profesionais con experiencia contrastada polo Igape como é o caso dos axentes comerciais mediadores no exterior para os países para os que foron cualificados. Estos axentes poden consultarse na web de Igape www.igape.es
Cualificación requerida do proxecto
--Investimentos e/ou gastos computables
Conceptos subvencionables:a) Gastos de consultoría ou asistencia externa especializada no mercado obxectivo tanto previa como durante a misión para detección de contrapartes en destino e organización da misión cara a Galicia. Só serán subvencionables traballos a realizar por profesionais con experiencia e habitualidade -en materia de consultoría ou asistencia técnica para internacionalización empresarial- e que directamente ou mediante acordos con terceiros dispoñan de medios persoais –profesionais do mesmo tipo- que fagan as labores propias deste proxecto. A experiencia citada tanto da consultora/profesionais en destino como no seu caso da consultora/profesionais en orixe debe acreditarse mediante relación de traballos similares á tarefa a realizar nos últimos tres anos, incluíndo descrición do obxecto, data de realización, país e sector.
Límite de axuda por este concepto: 500€ por empresa/medio de comunicación/prescritor do estranxeiro participante na misión.
b) Gastos de servizos de interpretación na misión.
c) Gastos de viaxe e aloxamento a Galicia: dos representantes de cada empresa, medio de comunicación ou prescritores estranxeiros participantes na misión. Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo.
Gastos non subvencionables:
1.- Quedan expresamente excluídos os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda. Poderase considerar subvencionable o IVE cando o solicitante da axuda sexa unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro e acredite que se atopa acollido ao réxime de exención do IVE e que esa operación concreta non foi incluída na declaración do IVE.
2.- Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores (no caso de organismos intermedios sen ánimo de lucro non se entende que haxa vinculación coas empresas asociadas ou representadas).
3.- Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Texto Refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor (RDL 3/2011 do 14 de novembro), o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas deberán adxuntarse ao cuestionario de solicitude.
4.- Nun mesmo exercicio orzamentario non poderá percibirse por un mesmo solicitante, ao abeiro destas bases, unha subvención total por máis de 50.000 euros no caso solicitudes de empresas e 150.000 euros no caso de solicitudes de organismos intermedios.
5.- Para estes efectos, o establecemento dos distintos límites computaranse en todo caso en termos de subvención bruta.
6.- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
7.- Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación de internacionalización concreta que se propón para a subvención e calquera outro gasto derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
8.- Non serán subvencionables gastos correspondentes a actuacións que o solicitante poida realizar cos seus propios medios materiais e persoais, o que se determinará polo tipo de actividade da empresa -IAE ou CNAE-, e/ou porque o solicitante á súa vez figure como provedor para outra empresa solicitante destas axudas -nesta e anteriores convocatorias- para o mesmo tipo de actuacións e gastos.
9.- No caso de actuacións nas que participen un grupo de empresas e/ou organismos intermedios, entre os que se inclúa algún participante que non cumpra os requisitos para ser beneficiario do artigo 4 destas bases ou os especiais para cada unha das liñas de axuda do anexo I, os gastos que poidan individualizarse correspondentes a ditos participantes non serán subvencionables, e polo que respecta aos gastos de tipo xeral a subvención reducirase en función da porcentaxe de participantes que non cumpran os requisitos para ser beneficiario.
Contía das axudas
80% do gasto subvencionable, cos seguintes límites cuantitativos:- subvención máxima de 2.000 € por empresa/medio de comunicación/prescritor do estranxeiro participantes en misións con orixe europea.
- 3.000 € por empresa/medio de comunicación/prescritor do estranxeiro participantes en misións con orixe fóra de Europa.
Límite máximo total de 36.000 € de axuda por proxecto.
Esta porcentaxe incrementarase adicionalmente en 5 puntos porcentuais se o solicitante ten o seu domicilio social ou centro de actividade obxecto do proxecto en algún dos municipios relacionados no anexo IV destas bases: provincias de Lugo ou Ourense, comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e da Costa da Morte.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de maio de 2012.Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda ou subvención para o mesmo proxecto cofinanciada con Fondos ou Instrumentos da UE. Noutro caso, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que se respecten as intensidades de axuda máximas indicadas nos regulamentos da UE aplicables. Non serán compatibles -para os mesmos conceptos subvencionables- con outros programas de apoio financiados pola Xunta de Galicia.Ao estar estas axudas suxeitas ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.
Este límite será de 100.000 euros para as empresas do sector de transporte por estrada; 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro; e 7.500 euros para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
Referencia lexislativa
Resolución do 24 de febreiro de 2012 (DOG Nº41 do 28/02/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012Información e tramitación en:
Información:- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se xunta como anexo II, nas cales será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior.
O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE e a documentación anexa no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992. Así mesmo, os interesados poderán asinar electronicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Para iso será necesario que o asinante da solicitude dispoña dun certificado dixital en vigor.
A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 902 300 903 ou 981 541 147
Observacións
O prazo de execución dos proxectos subvencionables:a) Iniciarase o 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda. En consecuencia, a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria. O prazo de execución finaliza o 31 de outubro do exercicio da convocatoria.
b) Tamén serán subvencionables aqueles proxectos de misións inversas, executados no exercicio anterior ao da convocatoria -cunha data de execución posterior á data límite establecida na convocatoria correspondente ao devandito exercicio-, e sempre que a dita data de execución posterior dependese exclusivamente da data de celebración dun evento expositivo organizado por terceiros.
Enténdese que a acción está finalizada transcorrido o último día do evento, misión ou data de finalización do proxecto manifestada polo solicitante no cuestionario de solicitude.
Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 3.000 € nesta liña
Vixencia/Convocatoria
O prazo de presentación finalizou o 31/05/2012
