Título do programa / axuda
IG110 - INTERNACIONAL - LIÑA PARTICIPACIÓN EN EVENTOS EXPOSITIVOS QUE SE CELEBREN FÓRA DE ESPAÑA (2012)Finalidade/Obxectivo
Favorecer a participación agrupada en eventos expositivos que teñan lugar fóra de España. Contribuir a incrementar o coñecemento e capital intelectual das empresas galegas favorecendo o intercambio de coñecementos entre os distintos participantes, o coñecemento de primeira man de tendencias do mercado e novas tecnoloxías, así como o incremento da carteira de clientes, e contribuír á promoción das empresas galegas no estranxeiro.Tipo de apoio
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.Beneficiarios potenciais
a) As empresas que teñan domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia con entidade suficiente que xustifique a realización da actividade subvencionable desde ese centro de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.b) Os consorcios de exportación con personalidade xurídica propia domiciliados en Galicia.
c) As asociacións empresariais, consellos reguladores de denominación de orixe e clústers (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), de carácter eminentemente empresarial que representen un colectivo de empresas galegas é dicir, empresas que teñan domicilio social ou algún centro de actividade radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31/12/2011 no Rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
Será requisito a inscrición no Rexistro de establecementos industriais de Galicia para as empresas incluidas no ámbito de aplicación do Decreto 115/2000, do 11 de maio (DOG núm. 100 do 24/05/2000) polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.
Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) Aquelas empresas non domiciliadas en Galicia e que unicamente teñan radicados na Comunidade Autónoma centros con actividade estritamente comercial. Polo que se refire ao resto de empresas non domiciliadas en Galicia a subvención correspondente reducirase en proporción ao número de empregados nos centros radicados en Galicia respecto do conxunto total de empregados da empresa.
b) As persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) As empresas que estivesen en crise segundo o Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008).
Os organizadores e patrocinadores dun evento expositivo internacional de tipo comercial ou técnico (do tipo dos citados no último parágrafo da epígrafe de proxectos subvencionables), non poderán solicitar subvención como participantes no evento que organizan ou patrocinan.
Sectores incentivables
Calquera actividade económica, incluso a prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, non excluída no Regulamento relativo ás axudas de mínimis. Serán subvencionables as actividades de produción de produtos agrícolas e as actividades do sector pesqueiro conforme ao establecido nos correspondentes Regulamentos.Requisitos principais do proxecto
Será subvencionable a participación agrupada en eventos expositivos que se celebren fóra de España, organizada ben pola Xunta de Galicia, polo ICEX – en ambos casos directamente ou a través de organismos intermedios- ou por un organismo intermedio do tipo dos citados no apartado c) e d) de beneficiarios.A mera participación de forma individual nun evento expositivo non é subvencionable.
* Requisitos para a concesión da subvención:
As meras visitas a feiras e outros eventos internacionais non son subvencionables.
Cada empresa ou organismo intermedio participante como expositor que desexe acollerse a esta axuda debe presentar a súa propia solicitude. No caso de participacións agrupadas organizadas por un organismo intermedio do tipo dos citados no apartado c) e d) de beneficiarios, dito organismo intermedio pode presentar solicitude de axuda para a súa asistencia ao evento ainda que non figure como expositor.
Por participación enténdese participación efectiva con presenza de persoal representativo de cada participante.
No cuestionario de solicitude debe constar o organizador da participación agrupada na que forma parte o solicitante da axuda.
Para poder acceder a estas axudas o solicitante, excepto no caso de que sexa un organismo intermedio dos citados no artigo 4.3 destas bases, debe manifestar mediante declaración responsable que xa ten experiencia previa en exportación (exportación nos dous últimos anos consecutivos anteriores ao da convocatoria), ou se aínda non a ten ou só fixo operacións esporádicas ou puntuais, que dispón dun diagnóstico positivo do potencial exportador da empresa realizado no exercicio da convocatoria ou nos 4 exercicios anteriores a través de programas de Igape ou Icex. O DIAGNÓSTICO DEBERASE XUNTAR AO CUESTIONARIO DE SOLICITUDE.
Investimentos e/ou gastos computables
* Conceptos subvencionables:- Gastos de aluguer do espazo expositivo (poden incluír servizos básicos directamente vinculados ao aluguer e á participación como expositor e facturados pola organización).
- Gastos de aluguer de mobiliario e equipamentos audiovisuais.
- Gastos de envío e, de ser o caso, de retorno de catálogos, produtos, stands e outros materiais necesarios para o proxecto. Non serán subvencionables estes gastos se este traballo é realizado directamente polo beneficiario da axuda con medios persoais propios ou medios materiais propios ou alugados.
- Gastos de deseño, montaxe e desmontaxe e construción do stand.
- Gastos de viaxe e aloxamento desde Galicia -por persoal da empresa ou organismo con posto de traballo en Galicia, ou profesionais contratados mediante contrato de arrendamento de servizos para facer as labores propias de internacionalización da empresa-. Só gastos de avión, tren e autobús e gastos de hotel en réxime de aloxamento e almorzo. Máximo unha viaxe co seu límite de axuda por empresa ou organismo intermedio solicitante. Dentro dese límite por viaxe admítense gastos de viaxe desde Galicia correspondentes a unha ou a varias persoas por solicitante á cidade obxecto do evento. Polo que respecta ao número de días de estancia en hoteis, serán subvencionables un máximo de dúas pernoctas adicionais ao número de días de duración do evento para os efectos de poder preparar o stand e poder levar a cabo reunións con outras empresas ou organismos do país estranxeiro.
* Gastos non subvencionables:
1.- Quedan expresamente excluídos os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda. Poderase considerar subvencionable o IVE cando o solicitante da axuda sexa unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro e acredite que se atopa acollido ao réxime de exención do IVE e que esa operación concreta non foi incluída na declaración do IVE.
2.- Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores (no caso de organismos intermedios sen ánimo de lucro non se entende que haxa vinculación coas empresas asociadas ou representadas).
3.- Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Texto Refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor (RDL 3/2011 do 14 de novembro), o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas deberán adxuntarse ao cuestionario de solicitude.
4.- Nun mesmo exercicio orzamentario non poderá percibirse por un mesmo solicitante, ao abeiro destas bases, unha subvención total por máis de 50.000 euros no caso solicitudes de empresas e 150.000 euros no caso de solicitudes de organismos intermedios.
5.- Para estes efectos, o establecemento dos distintos límites computaranse en todo caso en termos de subvención bruta.
6.- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
7.- Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación de internacionalización concreta que se propón para a subvención e calquera outro gasto derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
8.- Non serán subvencionables gastos correspondentes a actuacións que o solicitante poida realizar cos seus propios medios materiais e persoais, o que se determinará polo tipo de actividade da empresa –IAE ou CNAE-, e/ou porque o solicitante á súa vez figure como provedor para outra empresa solicitante destas axudas -nesta e anteriores convocatorias- para o mesmo tipo de actuacións e gastos.
9.- No caso de actuacións nas que participen un grupo de empresas e/ou organismos intermedios, entre os que se inclúa algún participante que non cumpra os requisitos para ser beneficiario do artigo 4 destas bases ou os especiais para cada unha das liñas de axuda do anexo I, os gastos que poidan individualizarse correspondentes a ditos participantes non serán subvencionables, e polo que respecta aos gastos de tipo xeral a subvención reducirase en función da porcentaxe de participantes que non cumpran os requisitos para ser beneficiario.
Contía das axudas
a) Límites por solicitude:- 50% do gasto subvencionable cun límite máximo de 10.000 € no caso de participación organizada ou promovida pola Xunta de Galicia ou polo ICEX.
- 70% do gasto subvencionable cun límite máximo de 15.000 € no caso de participación organizada por organismos intermedios do tipo dos citados no apartado c) e d) de beneficiarios.
Estas porcentaxes incrementaranse adicionalmente en 5 puntos porcentuais se o solicitante ten o seu domicilio social ou centro de actividade obxecto do proxecto en algún dos municipios relacionados no anexo IV destas bases: provincias de Lugo ou Ourense, comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e da Costa da Morte.
b) Límites por concepto:
- Gastos de deseño, montaxe e desmontaxe, e construción do stand: o máximo de subvención será de 150 € por metro cadrado de stand. Os metros cadrados alugados acreditaranse mediante mención expresa destes nas facturas por este concepto, ou mediante certificación do organizador, entendendo por organizador tanto o promotor do evento expositivo como o organizador da participación agrupada.
- Gastos de viaxe: establécense as seguintes cantidades máximas de subvención en concepto de gastos de viaxe e aloxamento:
*Para viaxes con destino Portugal: 500 € por viaxe subvencionable.
*Para viaxes con destino resto de Europa: 1.000 € por viaxe subvencionable.
*Para viaxes con destino fóra de Europa: 1.500 € por viaxe subvencionable.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará o 30 de abril de 2012.Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda ou subvención para o mesmo proxecto cofinanciada con Fondos ou Instrumentos da UE. Noutro caso, as axudas serán compatibles con calquera outra liña de subvencións, sempre que se respecten as intensidades de axuda máximas indicadas nos regulamentos da UE aplicables. Non serán compatibles -para os mesmos conceptos subvencionables- con outros programas de apoio financiados pola Xunta de Galicia.Ao estar estas axudas suxeitas ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.
Este límite será de 100.000 euros para as empresas do sector de transporte por estrada; 30.000 euros para as empresas do sector pesqueiro; e 7.500 euros para as empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
Referencia lexislativa
Resolución do 24 de febreiro de 2012 (DOG Nº41 do 28/02/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012Información e tramitación en:
Información:- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un cuestionario descritivo do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es
As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se xunta como anexo II, nas cales será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior.
O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE e a documentación anexa no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992. Así mesmo, os interesados poderán asinar electronicamente o formulario de solicitude co IDE e presentalo no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Para iso será necesario que o asinante da solicitude dispoña dun certificado dixital en vigor.
A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos tléfonos 902 300 903 ou 981 541 147
Observacións
O prazo de execución dos proxectos subvencionables:a) Iniciarase o 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda. En consecuencia, a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro do exercicio da convocatoria. O prazo de execución finaliza o 30 de setembro do exercicio da convocatoria.
b) Tamén serán subvencionables aqueles proxectos das liñas de participación en eventos expositivos, executados no exercicio anterior ao da convocatoria -cunha data de execución posterior á data límite establecida na convocatoria correspondente ao devandito exercicio-, e sempre que a dita data de execución posterior dependese exclusivamente da data de celebración dun evento expositivo organizado por terceiros.
Enténdese que a acción está finalizada transcorrido o último día do evento, misión ou data de finalización do proxecto manifestada polo solicitante no cuestionario de solicitude.
Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o cuestionario de liquidación a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 2.000 € nesta liña
Vixencia/Convocatoria
O prazo de presentación finalizou o 30/04/2012
