|
Condicións e termos de uso da web do IGAPE |
|
Propiedade intelectual
-
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é titular do dominio de internet de segundo nivel igape.es
-
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade do IGAPE.
-
Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos do IGAPE, facilitando así as súas relacións co Instituto.
Cláusula de exención de responsabilidade
-
O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o IGAPE non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletínes oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
-
O IGAPE non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.
-
O IGAPE non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
-
O IGAPE reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Reprodución
Caixas de correo
Servizo
Recomendacións de acceso
-
O IGAPE procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
-
Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, etc.
-
En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla de 1024 x 768 pixels ou superior.
Termos de uso
-
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
-
Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
-
O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.
Privacidade
-
A política de privacidade do IGAPE baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.
-
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. O usuario ten recoñecidos pola lei os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, no seu caso, respecto dos seus datos persoais, podendo exercitar este dereito por escrito mediante carta dirixida a: IGAPE, San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela; ou mediante e-mail o seguinte enderezo:
This email address is being protected from spam bots, you need Javascript enabled to view it
.
|
|
Last Updated ( Monday, 14 May 2007 )
|