Economía e Industria achega ás empresas galegas as claves para aproveitar os mercados "duty free" PDF
No marco dunhas xornadas especializadas organizadas polo Igape, que se desenvolveron en Santiago, abordáronse as posibilidades dos mercados duty free para avanzar na proxección exterior das empresas e produtos galegos. O director xeral do Instituto, Joaquín Varela de Limia, destacou que a internacionalización é un reto que as empresas galegas non poden eludir, unha oportunidade para o seu fortalecemento e consolidación.
 
Santiago, 9 de abril de 2009.- Achegar ás empresas galegas as claves para aproveitar as posibilidades de desenvolvemento e internacionalización vinculadas aos mercados denominados duty free foi o obxectivo do encontro especializado organizado pola Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolveu en Santiago de Compostela, no Centro Social Caixanova e na propia sede do Instituto .
 
ImageOs mercados Duty Free mundiais moven un volume de negocio de máis de 38.000 millóns de dólares cada ano. O obxectivo deste encontro impulsado polo departamento que dirixe Javier Guerra foi o de achegar aos empresarios galegos que apostan pola internacionalización dos seus produtos está forma de facer negocios, e facelo mediante a intervención de expertos e especialistas neste tipo de mercados con fiscalidade especial.
 
Na apertura das xornadas participou o director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, que se referiu á internacionalización como “un reto que as empresas galegas non poden eludir, unha oportunidade para o seu fortalecemento e consolidación”. O responsable do Igape lembrou que os orzamentos destinados polo Instituto para apoiar iniciativas e proxectos de internacionalización medraron nun 127% sobre os do ano pasado, o que “pode dar idea da prioridade que concedemos a internacionalización”, que conforma un dos eixos estratéxicos no marco do plan re-Forza 2010, indicou.
 
Durante a xornadas desenvolvéronse relatorios de expertos  como Carlos Gallego, sobre a evolución dos mercados duty free; como Luis García de Blas, sobre principais mercados e canles de venda duty free; ou Jesús Langa Canseco, sobre as claves dos mercados duty free para os fabricantes. A continuación os empresarios interesados que concertaron previamente as correspondentes citas, puideron manter, onte e hoxe, entrevistas bilateriais cos relatores.
 
A existencia de mercados duty free a nivel internacional representa un nicho de mercado en constante expansión durante os últimos anos. Aínda que se identifica maioritariamente con tendas en aeroportos, comprende ademais outros lugares cun volume de vendas de grande entidade dentro do total das ventas en duty free. Son exemplos deste mercado puntos de venda como os de a bordo dos propios avións, ferrys, cruceiros, terminais marítimas, tendas duty free existentes nas fronteiras dalgúns países ou en determinadas zonas onde os productos se venden total ou parcialmente libres de impostos.
Última actualización ( 09/04/2010 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design