|
O Programa ReExport mobilizará 8 millóns de euros para impulsar as exportacións das pemes galegas |
|
|
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, presentou a iniciativa coa que se apoia o crecemento das empresas exportadoras. Mediante a concesión de avais do 50% facilítase o financiamento dos custos das operacións destinadas a iniciar ou consolidar as vendas en mercados exteriores. Salienta que o obxectivo da Xunta é que ningunha empresa con potencial exportador deixe de vender fóra por falta de financiamento. Durante 2012 exportaron preto de 6.000 empresas galegas, un 23% máis que durante 2009.
|
|
Last Updated ( Thursday, 16 May 2013 )
|
|
Read more...
|
|
|
O Plan Ferrol dispón de case 46 millóns de euros en préstamos para apoiar investimentos na comarca |
|
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, presentou xunto co director xeral de Industria y de la Pyme, Manuel Valle, a nova convocatoria do Reindus. Os préstamos deste programa poden financiar ata o 80% dos investimentos, no caso das pemes con proxectos innovadores, e incrementan a 18 meses o período para a execución. Aguilera destacou Ferrol, Eume e Ortegal como unha área privilexiada para a posta en marcha de iniciativas empresariais.
|
|
Read more...
|
|
|
A Xunta tende pontes para as relacións comerciais entre Galicia e a rexión canadiana de Nova Scotia |
|
O director do Igape, Javier Aguilera, inaugurou un encontro empresarial destinado a avaliar posibles colaboracións entre empresas de ambos extremos do Atlántico. Subliñou que esta rexión, que destaca polo seu potencial en actividades como a pesca ou o sector agroalimentario, pode ser a porta para a chegada das empresas galegas a Norteamérica. Aguilera Navarro participou ademais noutro encontro sobre as oportunidades de negocio en Uruguai, onde exportaron 350 empresas galegas en 2012.
|
|
Read more...
|
|
|
Un laboratorio lucense apoiado pola Xunta multiplica por dez os seus empregados en tres anos |
|
|
O respaldo da Consellería de Economía e Industria á I+D e á internacionalización de AMSlabs permítelle crecer de 5 a 50 empregados de alta cualificación. O director do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións da empresa, situada no polígono de O Ceao.
|
|
Read more...
|
|
|
A Xunta busca en Uruguai novas alianzas comerciais para os sectores produtivos galegos |
|
O director do Igape, Javier Aguilera, inicia en Montevideo unha viaxe institucional na que manterá diversos encontros con empresarios do país na procura de investimentos e acordos para as empresas galegas. O obxectivo é ampliar as posibilidades de mercado dun país que ten rexistrado un incremento das exportacións galegas de case un 70% nos últimos catro anos.
|
|
Read more...
|
|
|
A Xunta resalta no Comité das Rexións a aposta pola innovación como clave do futuro da automoción |
|
|
O director xeral do Igape participou hoxe en Bruxelas nunha mesa redonda no marco da reunión do Grupo Interrexional do Automóvil (GIA). Aguilera Navarro destacou a importancia do sector en Galicia e o impulso do Goberno galego á mellora competitiva, a eficiencia e a electromobilidade.
|
|
Read more...
|
|
|
Economía e Industria salienta o interese das empresas galegas polo mercado do Reino Unido |
|
|
O director do Igape, Javier Aguilera, participou na xornada sobre oportunidades de negocio co Reino Unido organizada en colaboración coa CEG. As exportacións a este país medraron nun 73% desde 2009, e máis de 400 empresas galegas exportaron en 2012 cara este mercado.
|
|
Read more...
|
|
|
O Igape mobiliza 6,5 millóns en proxectos que impulsan a innovación en 266 pemes galegas |
|
|
A convocatoria do programa Innoempresa que vén de resolverse destina preto de 3 millóns de euros ao desenvolvemento de actuacións en pequenas e medianas empresas nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial. Para facilitar o acceso das pemes a innovación, o investimento mínimo apoiado por proxecto situouse en 7.500 euros, podendo cubrir a axuda máxima o 50%.
|
|
Read more...
|
|
|
|
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>
|
| Results 1 - 10 of 194 |