| Plan India de Alimentación e Bebidas 2010-2012 |
|
|
O Plan India de Alimentación e Bebidas 2010-2012 é un ambicioso Plan de Promoción de Alimentos e Viños de España no país asiático no que participan ICEX, MARM, FIAB e os organismos de promoción de 11 CC.AA, dirixido a posicionar ao sector agroalimentario español na India gañando cotas de mercado en tódaslas categorías.
Inclúe, entre outras accións, a creación dunha Marca País que posicione a industria de alimentación e bebidas española baixo os atributos de calidade, riqueza, variedade e innovación.
Obxectivos do Plan India: duplicar o total das exportacións españolas agroalimentarias á India en tres anos, ampliar ata 100 o número de empresas de alimentación e bebidas que exportan a este país -actualmente son arredor de 62-, aumentar o coñecemento da oferta agroalimentaria española, fomentar o consumo de produtos españois e potenciar as relacións comerciais entre a industria española e a distribución india.
A estratexia do plan materialízase nun conxunto de accións resumidas a continuación:
1) Posicionamento das webs relevantes de Alimentos e Viños de España (winesfromspain.com, oliveoilfromspain, cheesefromspain...) ofrecendo información actualizada e seleccionada.
2) Elaborar un catálogo promocional coa oferta española no mercado indio co perfil da empresa e produto, dirixido a importadores, distribuidores, directores de compras, restauración, etc.
3) Confeccionar un Directorio de Marcas Españolas e Importadores presentes na India.
4) Promocionar a oferta española en Feiras Internacionais dirixida ao profesional indio: Gulfood, Anuga e Sial.
5) Contratar un Axente de Promoción Plan India 2010-2012: representante do sector agroalimentario español no país e punto de enlace co mercado indio.
6) Organizar unha Misión-Exposición: Presentación do produto español con seminarios especializados e actos gastronómicos. Así como a organización dun evento con medios de comunicación indios.
O sector da alimentación e bebidas indio está valorado en 134.000 millóns de euros, cun crecemento anual do 14% e un público obxectivo de 400 millóns de personas.
O mercado de produtos alimentarios importados en India roza os 50 millóns de euros, actualmente a industria de alimentación e bebidas española exporta a India 13 categorías de alimentos.
O Plan India senta as bases para un crecemento sólido da industria de alimentación e bebidas española a longo prazo, un país cunha clase media que rexistra un alto ritmo de crecemento. Segundo se desprende de diferentes estudos previos realizados, a sociedade india evoluciona cara unha clase media urbana cada vez más ampla que está cambiando os tradicionais hábitos de consumo do país que favorecen a penetración dos produtos españoles.
A estratexia do Plan India basease en tres pilares: informar ás empresas españolas sobre os retos e oportunidades do mercado indio. Realizar actividades que incrementen a exportación de empresas que xa comercializan os seus produtos así como a identificación de novos importadores. E terceiro, crear unha marca país forte e ben definida.
|
|
| Última actualización ( 28/05/2010 ) |


