|
Javier Guerra destaca a reactivación dos investimentos empresariais en Galicia, que medraron un 43% |
|
|
O conselleiro de Economía e Industria presentou o balance do plan re-Forza 2010 e salientou o incremento dos proxectos aprobados para Lugo e Ourense, con investimentos que medraron nun 822% grazas aos plans Impulsa. As 1.500 operacións de garantías aprobadas permitiron o mantemento de 16.000 empregos nas empresas beneficiadas. A axilización de procedementos permitiu que o prazo de resolución de expedientes se reducise practicamente á metade no último ano, e o de pagamento das solicitudes de cobro nun 65%.
|
|
Última actualización ( 01/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O director do Igape salienta a importancia de facilitar a transmisión do coñecemento ás empresas |
|
|
O director xeral do Instituto Galego de promoción Económica, Joaquín Varela de Limia destacou hoxe a importancia de promover o talento e facilitar a transmisión do coñecemento cara as empresas. Na presentación en Santiago do Fórum Cicerón, que busca seleccionar os mellores talentos universitarios e poñelos en contacto coas empresas, Varela aproveitou para lembrar o amplo abano de servizos, ferramentas e apoios de que dispoñen o Igape e BIC Galicia para impulsar a posta en marcha de novas iniciativas emprendedoras.
|
|
Ler máis...
|
|
|
As axudas de Economía e Industria conseguiron impulsar vendas de coches por case 500 millóns de € |
|
|
As axudas destinadas polo departamento de Javier Guerra a dinamizar as vendas de coches en Galicia, a través do programa re-Móvete, suman 22,5 millóns de euros e permitiron apoiar máis de 30.000 operacións. As matriculacións en Galicia pasaron de 3.381 turismos en novembro a 4.362 en decembro, cun incremento do 29% no mes de decembro pasado.
|
|
Última actualización ( 20/01/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria fomenta a creatividade aplicada ao tecido empresarial nas comarcas de Ferrol |
|
As actuacións apoiadas no marco da III convocatoria dos Premios para o fomento da creatividade aplicada deberán incidir dentro do Plan de desenvolvemento integral das comarcas de Ferrolterra, sen que iso exclúa que poidan beneficiar tamén a outros territorios. O prazo para a presentación de iniciativas para esta convocatoria, presentada hoxe en Ferrol polo director xeral do Igape, Joaquín Varela, rematará o próximo 3 de marzo.
|
|
Última actualización ( 20/01/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Fondo Xes-Posibilita apoiará proxectos empresariais promovidos por emprendedores con discapacidade |
|
Dotado cun capital de 1,65 millóns de euros e gobernado por XesGalicia, o novo fondo ten como finalidade investir en ideas e proxectos viables promovidos por persoas con discapacidade. O novo fondo, no que participa a ONCE a través de Fundosa Grupo, concederá préstamos participativos ou subscribirá participacións temporais no capital das empresas. Xes-Posibilita súmase ao programa de apoio ao emprendemento da Consellería de Economía e Industria que inclúe o re-Emprende, o re-Imaxina ou o Fondo Xes-Innova.
|
|
Última actualización ( 03/01/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e industria mobilizará 10 millóns en préstamos para financiar producións audiovisuais |
|
|
As bases especificas publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia están dotadas cun orzamento de 825.000 euros para subsidiar en 4 puntos porcentuais os préstamos concedidos neste marco de apoio. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá ata o 30 de xuño de 201. O Igape compensará ademais outros custos financeiros ás entidades financeiras colaboradoras para facilitar o financiamento ás empresas.
|
|
Última actualización ( 10/12/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria impulsa a exportación dos produtos agroalimentarios galegos a China e India |
|
|
A Consellería de Economía e Industria quere potenciar as relacións comerciais entre a industria alimentaria galega e os operadores comerciais chinos e indios, coa finalidade de mellorar no medio prazo as exportacións a ambos países. Os plans de promoción beneficiarán a empresas produtoras de viño, queixos, conservas, peixe conxelado, bebidas ou produtos cárnicos, entre outros. Estas iniciativas de promoción de produtos agroalimentarios na India e China poderán ser prorrogadas, para desenvolver accións ata 2012.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria xa autorizou máis de 3.700 operacións no marco do plan re-Móblate Galicia |
|
|
As operacións aprobadas permiten apoiar unhas vendas de mobles por importe de máis de 7 millóns de euros. Os obxectivos básicos deste programa son incentivar a demanda de mobiliario en madeira e manter o emprego nun sector estratéxico para a economía de Galicia. O importe medio das operacións de compra de mobles cubertas por este programa está a ser de 1.900 euros. Xa son 163 os comercios adheridos como entidades colaboradoras, ademais de 77 fabricantes.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 41 - 50 de 151 |