|
O Igape destina 58,5 millones de € a financiar investimentos e iniciativas de mellora competitiva |
|
|
O Conselleiro de Economía e Industria e presidente do Igape, Javier Guerra, destacou que a Xunta mantén o seu compromiso de apoio aos novos investimentos e a mellora da competitividade, na procura de consolidar o crecemento do tecido produtivo e da economía de Galicia. O programa de préstamos directos do Igape para 2011 está destinado a financiar tanto novos proxectos empresariais como ao financiamento de actuacións de ampliación ou modernización de instalacións xa existentes. O programa Innoempresa está orientado a dar pulo á vontade de crecemento e capacidade de innovación das empresas, salientou Guerra.
|
|
Última actualización ( 26/04/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria promove a internacionalización empresarial mediante a colaboración cos clusters |
|
|
A través do Igape, organiza unha Semana de intelixencia competitiva que busca achegar ás empresas que desexan explorar outros mercados as claves e as habilidades necesarias para que podan planificar e desenvolver con éxito as súas estratexias de proxección exterior. En diferentes días, o ciclo reunirá a 200 empresarios de sectores como automoción, téxtil, pedra natural, construción, TIC, alimentación, audiovisual ou biotecnoloxía, entre outros. O Igape, por outra banda, mantén abertas ata o próximo mes de maio seis liñas de axuda a iniciativas de internacionalización empresarial.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape impulsa o Foro de Investimento Galicia para conectar aos emprendedores cos investidores |
|
|
O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, presentou o encontro, que se desenvolverá o próximo 13 de abril, para impulsar o financiamento de proxectos emprendedores innovadores e con potencial de crecemento. O prazo para presentar proxectos para a súa exposición no foro como aspirantes a financiamento rematará o próximo 15 de marzo. O Foro está organizado polo Igape e BIC Galicia, que contan coa colaboración das redes galegas de Business Angels, Uniban, Bang, InnoBAN y RedInvest.
|
|
Última actualización ( 07/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria axuda aos emprendedores biotecnolóxicos a poñer en valor os seus proxectos |
|
|
Mediante unha guía destinada a orientar e asesorar aos emprendedores que escollen este ámbito de actividade para que saiban resaltar o valor dos seus proxectos empresariais e para mellorar as súas opcións de atopar o financiamento que precisan para desenvolvelos. A Guía de valorización económico financeira de proxectos biotecnolóxicos foi elaborada no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Norte de Portugal denominado Bioemprende, que está liderado pola sociedade do Igape BIC Galicia.
|
|
Última actualización ( 04/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria achegou formación e asesoramento a 8.000 emprendedores e empresarios en 2010 |
|
|
Maite Cancelo, a directora da sociedade do Igape BIC Galicia, explicou polo miúdo os servizos gratuítos que facilita a entidade para apoiar o desenvolvemento de proxectos empresariais por novos emprendedores e para asistir aos novos empresarios nas fases de consolidación e crecemento das súas iniciativas. O secretario xeral do Igape, Javier Álvarez Barbeito, explicou os apoios financeiros que facilita o Igape neste ámbito e salientou o apoio a 532 proxectos impulsados por microempresas ou emprendedores durante 2010.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Javier Guerra salienta o emprendemento como clave para “acelerar a recuperación económica” |
|
|
O conselleiro de Economía e Industria presentou o Global Entrepreneurship Monitor para Galicia e valorou como moi positivo o incremento do 5,3% na taxa creación de empresas en Galicia, con 3.836 novas sociedades mercantís no 2010. O programa de apoio á iniciativa emprendedora de Economía e Industria permitiu aprobar axudas por valor de 4 millóns de euros para mobilizar investimentos próximos aos 30 millóns de euros e habilitar dous fondos de capital risco, dotados en total con 3,3 millóns de euros.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O re-Solve+ 2011 amplíase a todas as actividades para fortalecer a estrutura financeira das pemes |
|
O re-Solve+ mellora sensiblemente ao estenderse a todas as microempresas e pemes galegas para cubrir operacións de financiamento de ata 300.000 euros. As axudas deste programa, aberto á presentación de solicitudes ata o próximo 15 de setembro, acollerán operacións financeiras avaladas nun 100%. O obxectivo é que o tecido empresarial poida acceder ao crédito que precisan para o seu financiamento operativo e mellorar os seus niveis de competitividade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Javier Guerra apunta ao MAB como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas |
|
O conselleiro de Economía e Industria participou hoxe unha xornada sobre o Mercado Alternativo Bolsista, que consideró como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas. O Igape ten habilitado un programa pioneiro de axudas para facilitar a análise das empresas galegas que desexan avaliar as súas posibilidades de acceso a este Mercado. A Xunta ofrece además bonificacións fiscais que permiten deducións do 20% das cotas investidas en accións vía MAB, na asignación autonómica do IRPF.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 31 - 40 de 151 |