|
Economía e Industria apoia ós clústers para facer máis competitivos os sectores estratéxicos galegos |
|
O director do Igape, Javier Aguilera, participou na conferencia de clausura do Proxecto europeo ATClusters e adiantou que se vai manter esta dinámica de cooperación transnacional mediante o novo proxecto ATC4 Excellence, aprobado xa pola UE. Aguilera Navarro definiu aos clúster como grandes pancas da transformación económica cara a un futuro de recuperación e crecemento.
|
|
Last Updated ( Monday, 09 April 2012 )
|
|
Read more...
|
|
|
Economía e Industria reforza o programa Innoempresa para impulsar a innovación empresarial das pemes |
|
 A Xunta apoiou a innovación empresarial en máis de 3.000 pemes e facilitou a mobilización de investimentos por 40 millóns, con este Programa. O Goberno galego aposta pola innovación como estratexia de crecemento aumentando nun 50% os fondos de Innoempresa neste exercicio. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salienta que o balance de 2011 é moi positivo, con 1.320 empresas apoiadas, un 95% máis que en 2010 e o respaldo á consolidación de preto de 12.000 postos de traballo.
|
|
Last Updated ( Thursday, 01 December 2011 )
|
|
Read more...
|
|
|
Economía e Industria estimula o emprendemento con financiamento, formación e asesoramento |
|
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou no acto de presentación do informe GEM o incremento nun 6% dos emprendedores que pensan crear unha empresa a curto prazo. O estudo, no que colaboran a Xunta, a Universidade de Santiago e a CEG, sinala que aumentaron nun 44% as iniciativas empresariais consolidadas. O Igape aprobou nesta lexislatura, a través dos programas re-Imaxina e re-Emprende, apoios a máis de 900 proxectos de emprendedores, microempresas o pemes que están a crecer.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 30 November 2011 )
|
|
Read more...
|
|
|
Economía e Industria presenta en Ourense unha rede de mentores para impulsar a internacionalización |
|
|
Esta rede recolle a experiencia acumulada pola Rede Mentoring, que coordina BIC Galicia e que na actualidade integra a preto dun cento de mentores e máis de 80 empresas mentorizadas. O obxectivo da rede de mentores en internacionalización é o de apoiar de xeito específico a proxección exterior das empresas galegas mediante expertos especializados neste ámbito.
|
|
Read more...
|
|
|
A Consellería de Economía e Industria promove a colaboración estable entre todos os clusters galegos |
|
|
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou nun encontro cos directivos de 15 agrupamentos empresariais e anunciou que o Instituto focalizará apoios cara á cobertura das necesidades que lles son comúns. O obxectivo e conseguir que os clusters e as agrupacións sectoriais poidan converterse en verdadeiras pancas dun desenvolvemento económico sostido para Galicia.
|
|
Last Updated ( Friday, 11 November 2011 )
|
|
Read more...
|
|
|
Economía e Industria impulsa proxectos innovadores en 15 novas empresas co programa BIC I-TEAMS |
|
|
As pequenas e medianas empresas seleccionadas recibirán asesoramento para obter resultados dos seus proxectos en menos de tres meses. Ao remate do programa os traballadores estarán preparados para desenvolver sós os procesos de innovación necesarios para ser competitivos. Entre os participantes atópanse firmas de servizos TIC pioneiras en Galicia, como o portal Classora, con máis dun millón de páxinas visitadas ao mes, ou On-Touch, dedicada a novas tecnoloxías publicitarias.
|
|
Read more...
|
|
|
BIC Galicia promove a creación de empresas de base tecnolóxica nas humanidades e as ciencias sociais |
|
|
A sociedade dependente de Economía e Industria colabora co CSIC para impulsar a iniciativa emprendedora entre docentes e investigadores. O proxecto Humaniza creará un banco de ideas con potencial para converterse en empresas e un mecanismo que actúe como acelerador para a constitución das novas sociedades.
|
|
Last Updated ( Thursday, 27 October 2011 )
|
|
Read more...
|
|
|
Javier Guerra reitera o compromiso da Xunta cos novos proxectos innovadores no Día Emprendedor |
|
|
O conselleiro de Economía e Industria garante que a Xunta apoiará as ideas que incorporan a innovación ao ámbito empresarial e destaca os instrumentos que ofrece o Goberno galego ás pemes e emprendedores para acceder a formación, asesoramento e financiamento para os seus proxectos. Segundo Javier Guerra, estamos no bo camiño para consolidar unha cultura do emprendemento que está chamada a dinamizar a nosa economía nos próximos anos. Máis de 60 empresarios de éxito e especialistas compartiron as súas experiencias cos máis de 2.000 asistentes ao evento.
|
|
Last Updated ( Tuesday, 25 October 2011 )
|
|
Read more...
|
|
|
|
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>
|
| Results 51 - 60 of 194 |