|
Os 200 millóns que o BEI concede ao Igape supoñen o maior préstamo a unha rexión europea para pemes |
|
|
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, recibiu ao vicepresidente do BEI, Carlos da Silva Costa, con quen a Xunta asinou dúas liñas de crédito por valor de 250 millóns de euros, dos que 200 se destinarán ao financiamento das pemes e 50 á Vía Ártabra. Estes préstamos van dirixidos a distintos sectores de actividade como as tecnoloxías da información e a comunicación, as enerxías renovables, a biotecnoloxía médica ou a produción audiovisual co fin de reforzar a competitividade e a produtividade das empresas da comunidade.
|
|
Última actualización ( 23/04/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Medio cento de empresas da Costa da Morte agrúpanse co apoio do Igape para gañar competitividade |
|
|
Un dos proxectos impulsados de xeito colectivo promove novas ofertas con paquetes turísticos orientados a minimizar a estacionalidade das visitas. O Igape, dependente da Consellería de Economía e Facenda, apoia así unha nova iniciativa de carácter colectivo destinada mellorar a xestión empresarial e promover melloras na competitividade.
|
|
Última actualización ( 20/04/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape, BIC Galicia e a Fundación Genoma premian os proxectos Nanoimmunotech e Climadaptación |
|
|
Cada unha destas iniciativas emprendedoras de carácter biotecnolóxico recibe un incentivo de 30.000 euros para a posta en marcha das respectivas empresas. Os galardóns, concedidos no marco do Programa Galicia Bioemprende, foron entregados onte en Madrid, nun foro destinado a poñer en contacto a emprendedores biotecnolóxicos con investidores públicos e privados. O Programa Galiciabioemprende, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como obxectivos fundamentais dar apoio á creación, crecemento e consolidación de empresas biotecnolóxicas. Esta iniciativa está promovida por BIC Galicia, o Igape e a Fundación Genoma España.
|
|
Última actualización ( 17/12/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Galicia promocionará os seus produtos nun dos principais centros comerciais de México |
|
|
Galicia promocionará os seus produtos nos establecementos dunha das principais cadeas de centros comerciais de México, o Grupo Palacio do Ferro, no marco dun evento que dará continuidade, en 2009, ás accións da Semana de Galicia en México que se está desenvolvendo estes días na capital azteca, promovida pola Consellería de Economía e Facenda a través do Igape. Representantes da delegación institucional e empresarial galega mantiveron ademais un encontro cunha delegación do Goberno do Estado de México.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape apoia ao gremio de carniceiros ourensán para modernizar o sector cun centro loxístico común |
|
|
O proxecto, que estará situado no Polígono de San Cibrao das Viñas, ten como obxectivo facilitar a mellora da competitividade do sector. O centro albergará espazos para distribución, almacenamento e despezamento de productos cárnicos, ademais de áreas destinadas á formación do persoal, e está previsto que entre en servizo antes de fin de ano.
|
|
Última actualización ( 01/09/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Cinemar Films facilita a gravación e posproducción de son cun estudo de referencia en Europa |
|
|
O novo estudo é o primeiro de Galicia homologado por Dolby e equipado con tecnoloxía de vangarda, e permitirá pechar a cadea do produto audiovisual en Galicia. O Igape apoiou a iniciativa mediante o programa de axudas a emprendedores.
|
|
Última actualización ( 08/08/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
As redes estendidas do Igape facilitarán servizos a empresas e emprendedores de xeito máis eficiente |
|
|
A colaboración entre agrupacións de carácter empresarial permitirá acadar un efecto multiplicador na difusión e utilización dos servizos e axudas do Instituto, e dos servizos dos propios organismos integrados nas redes. As redes estendidas impulsadas polo Instituto servirán tamén para promover a excelencia dos organismos intermedios mediante a cooperación.
|
|
Última actualización ( 30/06/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 61 - 67 de 67 |