O Igape facilita a contratación de 80 xestores de internacionalización para as empresas galegas PDF
A Consellería de Economía e Industria inviste, a través do Igape, 1,6 millóns de euros neste programa. Javier Guerra destacou que se “primará a colaboración empresarial e serán os organismos intermedios, que poden ofrecer este servizo a un colectivo de empresas, os que poderán acceder a maiores axudas e durante máis tempo”. Con esta edición, o Igape da outro paso adiante para facilitar a inserción laboral dos especialistas neste eido, incluíndo aos que teñen sido formados ao abeiro do seu programa de bolsas de promoción exterior.
 
Read more...
 
Guerra adianta a posta en marcha dun fondo de capital risco para proxectos empresariais de I+D+i PDF
O conselleiro de Economía e Industria participou no Foro de Investimento Galicia, organizado no marco do programa europeo AT-Venture, e destacou a importancia do programa de apoio á iniciativa emprendedora da Xunta, ao que a Consellería engadirá un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxico. Javier Guerra sinalou que “os fondos de investimento, xunto coas redes de business angels, representan hoxe unha alternativa de financiamento empresarial moi interesante”.
 
Last Updated ( Wednesday, 13 April 2011 )
Read more...
 
Joaquín Varela visita en Inglaterra as instalacións do grupo que prevé fabricar o Xero en Ourense PDF
O director do Igape encabezou a delegación da Xunta de Galicia que visitou, en Devon, as instalacións de Xero Technology LTD para coñecer polo miúdo o grupo promotor do investimento que se implantará en Ourense. A Xunta de Galicia xa comprometeu apoios públicos por case 11 millóns de euros para financiar a planta de fabricación do coche eléctrico Xero no que a compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015.
 
Last Updated ( Tuesday, 12 April 2011 )
Read more...
 
Varela destaca o investimento, a innovación e a internacionalización como claves para a reactivación PDF
O director xeral do Igape constatou que os investimentos están a activarse en Galicia e dixo que cómpre “promovelos para acelerar o proceso de recuperación do tecido empresarial”. Nunha xornada informativa para empresarios, Joaquín Varela destacou igualmente os apoios do programa Innoempresa para favorecer a aplicación da innovación aos procesos e produtos, “que contribuirá á apertura de novos mercados para as empresas galegas”. Salientou tamén os apoios á internacionalización, “que ten que ser abordada con estudos previos, con preparación e planificación, con visión estratéxica”.
 
Last Updated ( Friday, 08 April 2011 )
Read more...
 
O Igape destina 58,5 millones de € a financiar investimentos e iniciativas de mellora competitiva PDF
O Conselleiro de Economía e Industria e presidente do Igape, Javier Guerra, destacou que “a Xunta mantén o seu compromiso de apoio aos novos investimentos e a mellora da competitividade, na procura de consolidar o crecemento do tecido produtivo e da economía de Galicia”. O programa de préstamos directos do Igape para 2011 está destinado a financiar tanto novos proxectos empresariais como ao financiamento de actuacións de ampliación ou modernización de instalacións xa existentes. O programa Innoempresa está orientado a dar pulo á “vontade de crecemento e capacidade de innovación das empresas”, salientou Guerra.
 
Last Updated ( Tuesday, 26 April 2011 )
Read more...
 
Economía e Industria promove a internacionalización empresarial mediante a colaboración cos clusters PDF
A través do Igape, organiza unha Semana de intelixencia competitiva que busca achegar ás empresas que desexan explorar outros mercados as claves e as habilidades necesarias para que podan planificar e desenvolver con éxito as súas estratexias de proxección exterior. En diferentes días, o ciclo reunirá a 200 empresarios de sectores como automoción, téxtil, pedra natural, construción, TIC, alimentación, audiovisual ou biotecnoloxía, entre outros. O Igape, por outra banda, mantén abertas ata o próximo mes de maio seis liñas de axuda a iniciativas de internacionalización empresarial.
 
Read more...
 
O Igape impulsa o Foro de Investimento Galicia para conectar aos emprendedores cos investidores PDF
O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, presentou o encontro, que se desenvolverá o próximo 13 de abril, para impulsar o financiamento de proxectos emprendedores innovadores e con potencial de crecemento. O prazo para presentar proxectos para a súa exposición no foro como aspirantes a financiamento rematará o próximo 15 de marzo. O Foro está organizado polo Igape e BIC Galicia, que contan coa colaboración das redes galegas de Business Angels, Uniban, Bang, InnoBAN y RedInvest.
 
Last Updated ( Monday, 07 March 2011 )
Read more...
 
Economía e Industria axuda aos emprendedores biotecnolóxicos a poñer en valor os seus proxectos PDF
Mediante unha guía  destinada a orientar e asesorar aos emprendedores que escollen este ámbito de actividade para que saiban resaltar o valor dos seus proxectos empresariais e para mellorar as súas opcións de atopar o financiamento que precisan para desenvolvelos. A Guía de valorización económico financeira de proxectos biotecnolóxicos foi elaborada no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Norte de Portugal denominado Bioemprende, que está liderado pola sociedade do Igape BIC Galicia.
 
Last Updated ( Friday, 04 March 2011 )
Read more...
 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Results 71 - 80 of 195
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design