O re-Solve+ 2011 amplíase a todas as actividades para fortalecer a estrutura financeira das pemes PDF
O re-Solve+ mellora sensiblemente ao estenderse a todas as microempresas e pemes galegas para cubrir operacións de financiamento de ata 300.000 euros. As axudas deste programa, aberto á presentación de solicitudes ata o próximo 15 de setembro, acollerán operacións financeiras avaladas nun 100%. O obxectivo é que o tecido empresarial poida acceder ao crédito que precisan para o seu financiamento operativo e mellorar os seus niveis de competitividade.
 
Read more...
 
Javier Guerra apunta ao MAB como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas PDF
O conselleiro de Economía e Industria participou hoxe unha xornada sobre o Mercado Alternativo Bolsista, que consideró como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas. O Igape ten habilitado un programa pioneiro de axudas para facilitar a análise das empresas galegas que desexan avaliar as súas posibilidades de acceso a este Mercado. A Xunta ofrece además bonificacións fiscais que permiten deducións do 20% das cotas investidas en accións vía MAB, na asignación autonómica do IRPF.
 
Read more...
 
O Plan Revive, dotado con 25 millóns de €, xerará uns investimentos de 70 millóns na Costa da Morte PDF
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou na Laracha o Plan para activar a actividade económica desta zona con axudas que superan os 25 millóns de euros. O Plan Revive inclúe subvencións e préstamos para apoiar os grandes investimentos empresariais e os investimentos impulsados polas pemes e os emprendedores. O obxectivo fundamental é dinamizar os investimentos produtivos nos concellos da Costa da Morte e crear riqueza e emprego.
 
Read more...
 
O Igape explica nas 7 cidades galegas as axudas para incentivar a internacionalización empresarial PDF
O director xeral do Instituto, Joaquín Varela de Limia, destacou en Santiago a importancia estratéxica de avanzar na internacionalización das empresas galegas e salientou que Economía e Industria reserva 12 millóns de euros para os apoios neste ámbito. Técnicos e directivos do Instituto que preside o conselleiro Javier Guerra explicaron polo miúdo a convocatoria das xornadas para este ano que se desenvolveron simultaneamente nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.
 
Last Updated ( Friday, 11 February 2011 )
Read more...
 
Javier Guerra destaca a reactivación dos investimentos empresariais en Galicia, que medraron un 43% PDF
O conselleiro de Economía e Industria presentou o balance do plan re-Forza 2010 e salientou o incremento dos proxectos aprobados para Lugo e Ourense, con investimentos que medraron nun 822% grazas aos plans Impulsa. As 1.500 operacións de garantías aprobadas permitiron o mantemento de 16.000 empregos nas empresas beneficiadas. A axilización de procedementos permitiu que o prazo de resolución de expedientes se reducise practicamente á metade no último ano, e o de pagamento das solicitudes de cobro nun 65%.
 
Last Updated ( Tuesday, 01 February 2011 )
Read more...
 
O director do Igape salienta a importancia de facilitar a transmisión do coñecemento ás empresas PDF
O director xeral do Instituto Galego de promoción Económica, Joaquín Varela de Limia destacou hoxe a importancia de promover o talento e  facilitar a transmisión do coñecemento cara as empresas. Na presentación en Santiago do Fórum Cicerón, que busca seleccionar os mellores talentos universitarios e poñelos en contacto coas empresas, Varela aproveitou para lembrar o amplo abano de servizos, ferramentas e apoios de que dispoñen o Igape e BIC Galicia para impulsar a posta en marcha de novas iniciativas emprendedoras.
 
Read more...
 
As axudas de Economía e Industria conseguiron impulsar vendas de coches por case 500 millóns de € PDF
As axudas destinadas polo departamento de Javier Guerra a dinamizar as vendas de coches en Galicia, a través do programa re-Móvete, suman 22,5 millóns de euros e permitiron apoiar máis de 30.000 operacións. As matriculacións en Galicia pasaron de 3.381 turismos en novembro a 4.362 en decembro, cun incremento do 29% no mes de decembro pasado.
 
Last Updated ( Thursday, 20 January 2011 )
Read more...
 
Economía e Industria fomenta a creatividade aplicada ao tecido empresarial nas comarcas de Ferrol PDF
As actuacións apoiadas no marco da III convocatoria dos Premios para o fomento da creatividade aplicada deberán incidir dentro do Plan de desenvolvemento integral  das comarcas de Ferrolterra, sen que iso exclúa que poidan beneficiar tamén a outros territorios. O prazo para a presentación de iniciativas para esta convocatoria, presentada hoxe en Ferrol polo director xeral do Igape, Joaquín Varela, rematará o próximo 3 de marzo.
 
Last Updated ( Thursday, 20 January 2011 )
Read more...
 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Results 81 - 90 of 195
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design