|
Economía e Industria promove a internacionalización como ruta necesaria cara o crecemento económico |
|
O director xeral do Igape salientou que a proxección exterior do tecido empresarial resulta necesaria para acadar unha mellora sensible da competitividade e para contribuír a impulsar un crecemento económico sostido.Na apertura dun seminario sobre os mercados de Polonia, Marrocos e Portugal, Joaquín Varela destacou a progresión crecente de empresas que apostan pola súa internacionalización cara a novos mercados exteriores.
|
|
Última actualización ( 11/11/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape presenta en Ferrol o re-Solve+ como activo para fortalecer a estrutura financeira das pemes |
|
|
Joaquín Varela destacou que a liña supón un avance decisivo nos compromisos asumidos polo Igape para facer fronte ás restricións de crédito. O director xeral do Igape destacou que este programa substitúe e mellora sensiblemente o re-Solve ao cubrir operacións de ata 300.000 euros, fronte ao límite anterior de 40.000 euros. O obxectivo é que as empresas poida acceder ao crédito que precisan para o seu financiamento operativo, e para consolidar as súas estruturas financeiras e mellorar os seus niveis de competitividade.
|
|
Última actualización ( 10/11/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O plan re-Móblate Galicia prevé dinamizar o sector xerando vendas por valor de 30 millóns de euros |
|
|
Incentivar a demanda de mobiliario en madeira e manter o emprego son os obxectivos básicos deste novo impulso da Consellería de Economía e Industria a un sector estratéxico para Galicia. O importe mínimo das operacións subvencionables compra dun ou varios mobles- será de 600 euros e o máximo de 4.000. O programa presentado hoxe polo Conselleiro Javier Guerra está consensuado co sector, que se compromete a facer descontos equiparables ás subvencións do Igape para acadar apoios conxuntos de ata 600 euros por beneficiario.
|
|
Última actualización ( 03/11/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A internacionalización, a innovación e a cooperación centran os debates do X Foro das ADR |
|
|
O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, salientou a aposta da Xunta para acelerar a proxección exterior da economía galega na inauguración do X Foro da Asociación Española de Agencias de Desarrollo Regional. Os responsables das ADR españolas debaten en Galicia alternativas para concretar o seu modelo de futuro, para optimizar os servizos e apoios que prestan a empresas e emprendedores. O encontro acolle ademais debates sobre a xestión de innovación ou a planificación dos procesos de internacionalización.
|
|
Última actualización ( 03/11/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Javier Guerra destaca a importancia da cooperación como chave para acelerar a internacionalización |
|
|
A colaboración institucionalizarase no marco do Consello Galego de Internacionalización anunciado onte polo presidente da Xunta. Na clausura do IV Encontro cos empresarios galegos no exterior, o conselleiro de Economía e Industria asegurou que a economía galega debe mirar a Latinoamérica, e celebrou a existencia dun amplo colectivo empresarial galego que pode facilitar os negocios na zona. No Encontro participaron máis de 500 empresarios e estiveron presentes 157 empresas de fóra de Galicia, destacando as delegacións procedentes de Uruguai, Brasil, Arxentina e México.
|
|
Última actualización ( 27/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Consello Galego de Internacionalización será unha grande alianza para promover a marca Galicia |
|
Durante a inauguración do IV Encontro de Empresarios Galegos no Exterior organizado pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape, o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, afirmou que a internacionalización xa non é unha alternativa, senón a posibilidade principal para que Galicia saia antes da crise económica española que o resto das comunidades. O presidente anunciou a creación do Consello Galego de Internacionalización como unha gran alianza estratéxica que permitirá promover a marca Galicia con unidade e sen duplicidades.
|
|
Última actualización ( 26/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía Industria reforza o Fondo Emprende con 4 millóns de euros para proxectos emprendedores |
|
A ampliación de capital autorizada polo Consello da Xunta permitiralle a este fondo participar no impulso e financiamento de novas iniciativas empresariais innovadoras. Gobernado por Xesgalicia, ten como obxecto principal o financiamento de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas impulsadas por novos emprendedores, as de nova creación con posibilidades de desenvolvemento, e as que acometan actividades novidosas e/ou apliquen novas tecnoloxías.
|
|
Última actualización ( 21/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O director do Igape promove a tarefa de emprender como un estilo de vida e destaca os apoios |
|
|
O director xeral do Igape lembrou que a Xunta incrementou este ano os apoios a iniciativas emprendedoras e destacou a creación do fondo Xes Innova, un novo instrumento para financiar proxectos especialmente innovadores. Joaquín Varela de Limia amosouse convencido de que as iniciativas impulsadas por novos emprendedores, polo xeral con compoñentes innovadores, son indispensables para avanzar no camiño cara a recuperación económica.
|
|
Última actualización ( 21/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 51 - 60 de 151 |