O Igape destina 6 millóns de € a apoiar a competitividade das pemes mediante o programa Innoempresa PDF
A convocatoria inclúe tres liñas diferenciadas para apoiar a innovación organizativa e a xestión avanzada, para promover a innovación tecnolóxica e a calidade e  para apoiar a innovación en colaboración. O prazo para a presentación das solicitudes, que se resolverán polo sistema de concorrencia competitiva, e de corenta días naturais a contar desde hoxe. Esta liña de axudas súmase ás destinadas polo Igape a apoiar á mellora da competitividade e á reorientación dos negocios, por unha banda, e a incentivar a competitividade mediante a cooperación, no marco de proxectos colectivos, por outra.
 
Última actualización ( 28/05/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria mobiliza préstamos por 4,4 millóns para apoiar a consolidación do Grupo Támega PDF
A Consellería que dirixe Javier Guerra facilita deste xeito que a empresa amplie o prazo de amortización do principal do préstamo de 3,2 millóns avalado polo Igape e dispoña de circulante grazas ao préstamo achegado por Xesgalicia. O Grupo Támega, especializado en  transporte de mercadorías, emprega a 140 traballadores. Estas operacións poñen de relevo o compromiso da Consellería de Economía para facilitar apoios á continuidade das empresas mediante instrumentos destinados a compartir riscos cos empresarios e facilitar o financiamento para reestruturar pasivos ou para circulante.
 
Última actualización ( 28/05/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria impulsa o Día do Emprendedor para converter os proxectos en éxitos empresariais PDF
A V edición do grande encontro do emprendedurismo estará organizada pola Consellería que dirixe Javier Guerra a través do Igape e BIC Galicia, en colaboración co Mityc, e desenvolverase en Santiago de Compostela o 16 de xuño. A cita converterase nunha comunidade empresarial onde atopar apoio para as novas iniciativas emprendedoras ou para impulsar a consolidación ou a internacionalización de novas empresas. Por primeira vez, acolle o programa “Iniciador Galicia” onde os emprendedores poderán expoñer as súas ideas para procurar que un posible investidor se interese por elas.
 
Última actualización ( 25/05/2010 )
Ler máis...
 
O Igape incrementou os recursos para apoiar a creación de novas empresas, que medrou un 23% en marzo PDF
No ámbito do programa re-Emprende, a Consellería de Economía e Industria incrementou un 25% os recursos para novos proxectos emprendedores e concederá, sen requirir aval, anticipos do 50% das subvencións aprobadas. Ademais, a través do programa re-imaXina, o Igape achega tamén préstamos subsidiados e avalados para impulsar os proxectos dos emprendedores e novas sociedades. A través das oficinas territoriais do Instituto, e co apoio das novas tecnoloxías, é posible poñer en marcha unha empresa en menos de 48 horas.
 
Última actualización ( 14/05/2010 )
Ler máis...
 
Guerra salienta o incremento do 428% nos apoios para a competitividade das empresas agroalimentarias PDF
Durante unha visita ás instalacións da cooperativa Feiraco, o conselleiro de Economía e Industria destacou o incremento do 428% nos apoios mediante avais para consolidar a competitividade das empresas agroalimentarias galegas, e destacou que durante o pasado ano o Igape concedeu axudas por importe de case 19 millóns de euros e mobilizou préstamos por máis de 45 millóns para empresas do sector agroalimentario.  A cooperativa láctea conta cun recente aval do Igape que lle permitirá acadar os obxectivos precisos para completar o seu plan de viabilidade.
 
Ler máis...
 
O Igape apoiará ao tecido empresarial con maior axilidade e eficiencia no marco do re-Forza 2010 PDF
O director xeral do Instituto, Joaquín Varela de Limia, aposta por unha xestión máis dinámica para conseguir que os apoios ás empresas sexan máis efectivos e destaca os anticipos sen aval como forma de pre financiamento de proxectos No marco do plan re-Forza 2010, explicou, “estamos a converter o Instituto nunha organización que actúa con máis axilidade e de xeito flexible para dar axeitada resposta ás necesidades do tecido empresarial galego”. Varela clausurou as xornadas organizadas por APD sobre como enfrontar os procesos de financiamento e reestruturación financeira das empresas, e salientou as  axudas para elaborar análises económico-financeiras das pemes.
 
Última actualización ( 06/05/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria facilita a consolidación dun milleiro de empregos mediante apoios a 10 empresas PDF
As axudas concedidas no último consello de dirección suman 9,5 millóns de euros e van destinadas a financiar investimentos ou apoiar operacións de financiamento que suman 17 millóns de euros. As empresas beneficiarias pertencen a sectores como o agroalimentario, o da madeira, audiovisual, químico, metal ou TIC.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria incrementa nun 30% as axudas á competitividade a través de proxectos colectivos PDF
O orzamento destinado a incentivar as melloras competitivas mediante a cooperación supera os 3 millóns de euros na convocatoria de 2010  e os beneficiarios poderán cobrar anticipos do 50% sen achegar garantías. Unha das liñas previstas nestas bases facilitará a cualificación de persoal das pemes galegas mediante programas de inmersión en empresas ou centros tecnolóxicos foráneos.
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 11 - 20 de 94
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design