|
Un total de 59 empresas participan no programa “Saeómercado” para a consolidación de novas pemes |
|
|
A iniciativa promovida por BIC Galicia, a sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria, desenvolverase ata outubro deste ano. O programa avanza en varias fases: formación especializada, titorización do proceso e roldas de negocios. Conta coa colaboración de varias asociacións de emprendedores e novos empresarios.
|
|
Última actualización ( 15/06/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape e a DDI integran deseño e a innovación como estratexia de competitividade nas pemes galegas |
|
|
A iniciativa, amparada polo Feder Tecnolóxico comunitario, dispón dun orzamento de 1,7 millóns de euros para 2009 e 2010. O denominado Programa adñ incluirá itinerarios cara o deseño e a innovación que consistirán en intervencións directas para concienciar ás empresas participantes e ofrecerlles accións prácticas que poden incluir desde diagnósticos de situación ata o deseño dun produto innovado.
|
|
Última actualización ( 10/06/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape promove unha ampliación do Fondo Emprende, que xestiona Xesgalicia, en 14,8 millóns de euros |
|
|
O Fondo Emprende inviste en proxectos impulsados por novos empresarios, en sociedades de nova creación con posibilidades de desenvolvemento e naquelas que acometan actividades novidosas ou apliquen as novas tecnoloxías. Coa ampliación de capital, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria poderá cubrir así novos compromisos de investimento.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape apoia con fondos BEI novos investimentos empresariais cifrados en 42 millóns de euros |
|
|
Os proxectos apoiados corresponden a sectores como os de fabricación de papel, industria química ou transformación de produtos pesqueiros. A liña fornecida con fondos achegados polo Banco Europeo de Investimentos apoia as novas iniciativas empresariais ou a ampliación e mellora de instalacións xa existentes en Galicia.
|
|
Última actualización ( 04/06/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Hospedaxes logra que as empresas facturen máis achegando servizos de valor a través de Internet |
|
|
Procurar que as empresas sexan capaces de facturar máis. Así de sinxelo e ambicioso é o reto que se marca Hospedaxes, a empresa que dirixe o emprendedor Iván Fociños, constituída como sociedad limitada nueva empresa (SLNE) mediante o servizo de tramitación para a constitución telemática de sociedades que achega o Igape a través das súas diferentes oficinas territoriais.
|
|
Última actualización ( 01/06/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Os expertos coinciden en que a crise pode ser un momento de oportunidades para os emprendedores |
|
|
Máis de 2.000 persoas con espírito empresarial participaron hoxe no IV Día do Emprendedor, que se desenvolveu en Santiago de Compostela. Durante a súa intervención na sesión plenaria, o conselleiro de Economía e Industria e presidente di Igape, Javier Guerra, destacou a vontade do seu departamento para apoiar boas ideas e bos equipos.
|
|
Última actualización ( 19/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Joaquín Varela de Limia Cominges, novo director xeral do Igape |
|
|
Licenciado en Ciencias Económicas e con especialidades en dirección e administración de empresas, Joaquín Varela de Limia desenvolveu boa parte da súa actividade profesional, ata o momento, como auditor en PricewaterhouseCoopers. O seu nomeamento foi acordado hoxe polo Consello de Dirección do Instituto. |
|
Última actualización ( 15/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Empresarios chineses buscan en Galicia produtos téxtiles e agroalimentarios da man do Igape |
|
|
Representan ou dirixen compañías que suman máis de 160.000 puntos de venda en distintas cidades de China. A misión empresarial reuniuse en Santiago de Compostela con cualificados representantes da industria agroalimentaria galega e visitará as instalacións de Texvigo. Na reunión participou o director xeral de Industria da Consellería de Economía e Industria, Ángel Bernardo Tahoces.
|
|
Última actualización ( 05/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 151 - 160 de 169 |