|
O 70 por cento das actuacións do plan de competitividade do Impulsa Ourense xa están en execución |
|
|
O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.
|
|
Última actualización ( 24/01/2012 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
As empresas galegas xa realizaron máis de 3.000 descargas dos textos da Biblioteca de Innovación |
|
|
A Biblioteca de Innovación de Galicia que vén de poñer en marcha a Consellería de Economía e Industria a través do Igape, xa rexistrou máis de 3.000 descargas dos textos dunha colección centrada nas vías e posibilidades da innovación empresarial. As publicacións dixitais, dispoñibles tanto para Ipad ou libro electrónico como en formato pdf, abordan a xestión da innovación, a incorporación da tecnoloxía, o financiamento dos proxectos innovadores ou o capital humano e a creatividade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Máis dunha ducia de empresas galegas exploran o mercado de Brasil a través da Rede Pexga |
|
|
Esta oficina comercial, que atende ás firmas galegas que están a estudar oportunidades e alianzas en Brasil, acolle provisoriamente a varias empresas galegas que preparan a súa implantación directa. A presenza nunha economía emerxente como Brasil perfílase como unha grande oportunidade para as empresas galegas. A industria petrolífera e naval, a construción, o software, as enerxías renovables ou os produtos alimentarios de calidade son os sectores que están a presentar mellores oportunidades de negocio ou alianza para as empresas galegas.
|
|
Última actualización ( 23/01/2012 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape recibe a unha delegación turca interesada no modelo galego de promoción empresarial |
|
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, recibiu á delegación da axencia de desenvolvemento turca AHILER e sinalou que os encontros destes días poderán servir para intensificar as relacións comerciais entre Galicia e Turquía. A delegación turca tamén se reunirá con responsables de XesGalicia e BIC Galicia, do Inega, do CIS Madeira ou da Tecnópole.
|
|
Última actualización ( 17/01/2012 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O programa de apoio á iniciativa emprendedora do Igape favorece a posta en marcha de novas empresas |
|
|
A través do Igape, BIC Galicia e Xesgalicia, a Consellería de Economía e Industria activou novos programas para facilitar a creación e a consolidación de novos proxectos empresariais. Mediante re-Imaxina e re-Emprende, apoiou a máis de 900 iniciativas. Cos fondos de capital risco de XesGalicia, a Consellería pon ao dispor dos emprendedores mais de 23 millóns de euros. Nos dez primeiros meses do ano creáronse en Galicia 3.430 novas sociedades mercantís e 1.549 empresas ampliaron capital. Nos cursos, seminarios e xornadas de formación e asesoramento participaron máis de 6.000 persoas este ano.
|
|
Última actualización ( 30/12/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Xunta fai balance do Plan Ferrol, que apoiou investimentos por máis de 155 millóns de € en 2011 |
|
|
O Conselleiro de Economía e Industria destaca que o Plan Ferrol arrincará en 2012 cunha nova etapa, despois de dous anos nos que se cumpriron os obxectivos. Javier Guerra resalta que en 2011 se aprobaron máis de 300 proxectos, o que supón que foran concedidos 67 millóns de euros en axudas. O conselleiro sinala que os investimentos mobilizados neste exercicio, ao abeiro do Plan Ferrol, xeraron máis de 350 empregos industriais, e lembra que a ampliación da vixencia do Plan dous anos máis até 2013, mostra o compromiso do Goberno da Xunta co desenvolvemento de Ferrol, Eume e Ortegal.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria priorizará os apoios aos proxectos empresariais que incorporen innovación |
|
O director do Igape, Javier Aguilera salientou hoxe na Tecnópole o privilexiado marco de apoio existente para dinamizar a actividade empresarial en Ourense, ao abeiro do Plan Impulsa. O director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, expuxo as liñas principais das axudas a proxectos empresariais de I+D de alto impacto ao amparo do programa FEDER-Innterconecta Galicia, que multiplicará por sete cada euro destinado pola Xunta.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria apoia ós clústers para facer máis competitivos os sectores estratéxicos galegos |
|
O director do Igape, Javier Aguilera, participou na conferencia de clausura do Proxecto europeo ATClusters e adiantou que se vai manter esta dinámica de cooperación transnacional mediante o novo proxecto ATC4 Excellence, aprobado xa pola UE. Aguilera Navarro definiu aos clúster como grandes pancas da transformación económica cara a un futuro de recuperación e crecemento.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 10 de 151 |