|
O Igape impulsa a cooperación para abrir mercados a empresas especializadas no equipamento de hoteis |
|
|
O Instituto apoia a posta en marcha da plataforma Contract, con empresas de diferentes especialidades que presentan unha oferta integral para a dotación de establecementos hoteleiros, oficinas ou centros comerciais. Está integrada por media ducia de compañías que suman 500 empregos en Galicia. Os encargos internacionais completan o 60% dos pedidos desta agrupación de empresas de decoración, iluminación ou telecomunicación. |
|
Last Updated ( Thursday, 21 March 2013 )
|
|
Read more...
|
|
|
O Igape impulsará en 2013 a mellora da competitividade de 1.000 empresas co programa ReAcciona |
|
Máis de 650 empresas confiaron xa no programa que comezou a desenvolverse o pasado ano. O programa avalía as posibilidades das empresas á hora de saír ao exterior e de iniciar proxectos de mellora da súa competitividade. O 90% das diagnoses levadas a cabo ata a data reflicten un importante potencial exportador das empresas galegas.
|
|
Read more...
|
|
|
A Rede Galega de Mentores da Xunta de Galicia prevé consolidar este ano 50 novas empresas |
|
|
O director do Igape, Javier Aguilera, presidiu a xornada que abriu o período de actividades da Rede no 2013. A Rede conta na actualidade con 110 empresarios experimentados e comprometidos para compartir, de balde, coñecemento e habilidades de xestión con novos empresarios.
|
|
Read more...
|
|
|
Conde salienta o valor da cooperación dos galegos no exterior para identificar novos mercados |
|
|
O conselleiro de Economía e Industria salienta nun encontro da Rede de Asociacións de Empresarios de Orixe Galego no Exterior o seu papel fundamental para aproveitar o potencial exportador galego, xerar confianza e atraer investimento estranxeiro. Asegura que o Goberno galego seguirá apostando por máis internacionalización, máis innovación e máis competitividade. Sinala que buscamos de forma activa que novos proxectos recoñezan na marca Galicia unha excelente oportunidade de inversión.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 13 February 2013 )
|
|
Read more...
|
|
|
Conde anuncia un novo programa de axudas para clusters dotado con máis de 4 millóns de euros |
|
A iniciativa encádrase dentro dun novo réxime específico validado pola Comisión Europea e que permitirá posicionar aos clusters galegos como referentes da excelencia. Conde resalta o papel de Ceaga e o apoio do Goberno galego, como amosa o convenio recentemente asinado e que permitirá uns investimentos dun millón de euros para o desenvolvemento do Plan Estratéxico da Automoción (PAC 2015 Visión 2020)
|
|
Last Updated ( Wednesday, 23 January 2013 )
|
|
Read more...
|
|
|
Francisco Conde aposta pola cooperación como clave do éxito na conquista de novos mercados |
|
|
O titular de Economía e Industria foi o encargado de presentar á conselleira delegada do Icex, Coriseo González-Izquierdo, nun coloquio organizado por APD. O conselleiro salienta que a Xunta está a impulsar a colaboración entre empresas e administracións para seguir avanzando de xeito eficiente na internacionalización do tecido empresarial galego.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 23 January 2013 )
|
|
Read more...
|
|
|
Economía e Industria forma aos xerentes dos clusters comprometidos en avanzar cara a súa excelencia |
|
O obxectivo é impulsar clusters xestionados de xeito eficiente e capaces de actuar como pancas de desenvolvemento da economía a través da innovación e da internacionalización. Nos cursos participaron 24 xerentes e técnicos dos clusters de automoción, alimentación, naval, xeotermia, TIC, audiovisual, téxtil, termal, acuicultura e loxística.
|
|
Last Updated ( Friday, 04 January 2013 )
|
|
Read more...
|
|
|
A Rede de Mentores do Igape segue a medrar para apoiar a consolidación das novas empresas |
|
A rede impulsada pola Consellería de Economía e Industria conta na actualidade con 108 mentores expertos e comprometidos para compartir, de balde, coñecemento e experiencia con novos empresarios. Xunto co programa Re-Acciona, a rede conforma un conxunto de servizos de valor engadido para impulsar a mellora competitiva das pemes galegas. O Igape dispón dun completo abano de servizos e axudas para apoiar o deseño, posta en marcha, consolidación e desenvolvemento dos proxectos impulsados por novos emprendedores.
|
|
Last Updated ( Friday, 04 January 2013 )
|
|
Read more...
|
|
|
|
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>
|
| Results 11 - 20 of 194 |