Oficina Virtual

Esta páxina contén todos os puntos de acceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no IGAPE.
 
Economía e Industria presenta en Ourense unha rede de mentores para impulsar a internacionalización PDF
Esta rede recolle a experiencia acumulada pola Rede Mentoring, que coordina BIC Galicia e que na actualidade integra a preto dun cento de mentores e máis de 80 empresas mentorizadas. O obxectivo da rede de mentores en internacionalización é o de apoiar de xeito específico a proxección exterior das empresas galegas mediante expertos especializados neste ámbito.
 
Ler máis...
 
A Consellería de Economía e Industria promove a colaboración estable entre todos os clusters galegos PDF
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou nun encontro cos directivos de 15 agrupamentos empresariais e anunciou que o Instituto focalizará apoios cara á cobertura das necesidades que lles son comúns. O obxectivo e conseguir que os clusters e as agrupacións sectoriais poidan converterse en “verdadeiras pancas dun desenvolvemento económico sostido para Galicia”.
 
Última actualización ( 11/11/2011 )
Ler máis...
 
Economía e Industria impulsa proxectos innovadores en 15 novas empresas co programa BIC I-TEAMS PDF
As pequenas e medianas empresas seleccionadas recibirán asesoramento para obter resultados dos seus proxectos en menos de tres meses. Ao remate do programa os traballadores estarán preparados para desenvolver sós os procesos de innovación necesarios para ser competitivos. Entre os participantes atópanse firmas de servizos TIC pioneiras en Galicia, como o portal Classora, con máis dun millón de páxinas visitadas ao mes, ou On-Touch, dedicada a novas tecnoloxías publicitarias.
 
Ler máis...
 
BIC Galicia promove a creación de empresas de base tecnolóxica nas humanidades e as ciencias sociais PDF
A sociedade dependente de Economía e Industria colabora co CSIC para impulsar a iniciativa emprendedora entre docentes e investigadores. O proxecto Humaniza creará un banco de ideas con potencial para converterse en empresas e un mecanismo que actúe como acelerador para a constitución das novas sociedades.
 
Última actualización ( 27/10/2011 )
Ler máis...
 
Javier Guerra reitera o compromiso da Xunta cos novos proxectos innovadores no Día Emprendedor PDF
O conselleiro de Economía e Industria garante que a Xunta apoiará as ideas “que incorporan a innovación ao ámbito empresarial” e destaca os instrumentos que ofrece o Goberno galego ás pemes e emprendedores para acceder a formación, asesoramento e financiamento para os seus proxectos. Segundo Javier Guerra, “estamos no bo camiño para consolidar unha cultura do emprendemento que está chamada a dinamizar a nosa economía nos próximos anos”. Máis de 60 empresarios de éxito e especialistas compartiron as súas experiencias cos máis de 2.000 asistentes ao evento.
 
Última actualización ( 25/10/2011 )
Ler máis...
 
O programa BIC i-Teams fomentará os proxectos de innovación nas empresas galegas de base tecnolóxica PDF
Poderán participar no Programa impulsado por BIC Galicia as pemes que busquen a redefinición ou a mellora da súa oferta de produtos e servizos, se teñen menos de 48 meses e son de base tecnolóxica. A metodoloxía do programa combina formación práctica con asesoramento externo e permitirá que as firmas participantes desenvolvan un proxecto específico de innovación de produto ou servizo en menos de 3 meses.
 
Última actualización ( 11/10/2011 )
Ler máis...
 
Economía e Industria facilita a contratación de xestores para dinamizar as exportacións empresariais PDF
A través do Igape, mantén unha base que integra na actualidade a 352 especialistas dispostos a traballar ao servizo das empresas galegas en países de todo o mundo. A Consellería que dirixe Javier Guerra prima a cooperación empresarial tamén neste ámbito, de xeito que son os organismos intermedios os que poden acceder a maiores porcentaxes de axuda e durante máis tempo.
 
Última actualización ( 16/09/2011 )
Ler máis...
 
Economía e Industria apoia, a través do Igape, 2.500 iniciativas e proxectos de internacionalización PDF
A consellería que dirixe Javier Guerra destinou preto de 50 millóns de euros ao eixo estratéxico da internacionalización, nesta lexislatura. A aposta da Xunta de Galicia ten un reflexo directo na evolución favorable das exportacións da Comunidade Autónoma, que medraron un 24% nos cinco primeiros meses do ano, catro puntos por riba da media do Estado. O saldo positivo da balanza comercial galega foi de case 1.728 millóns de euros, o maior de todas as comunidades.
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 11 - 20 de 151
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design