|
A creación dun centro de interpretación paleontolóxica en As Pontes, premio de creatividade aplicada |
|
|
A iniciativa do biólogo Carlos Brezmes aposta pola creación dun centro onde se partiría de mostrar os fósiles recuperados na mina de As Pontes para explicar como se desenvolveu a vida da zona en épocas pasadas, a través de distintas salas que reconstruirían a fauna e a flora existentes na contorna.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Guerra defende a internacionalización empresarial no foro sobre oportunidades de negocio en Rumanía |
|
|
O conselleiro de Economía e Industria lembrou que o novo Goberno da Xunta ten feito unha aposta firme por reactivar as estratexias de internacionalización planificadas desde Galicia e implantadas nun mercado global. Javier Guerra asegurou que Rumanía é un mercado propicio co que manter relacións fructíferas, xa que, ademais de ser unha economía emerxente, como novo estado membro da Unión Europea se ten convertido nun dos principais receptores de fondos da UE.
|
|
Última actualización ( 26/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O DOG publica os apoios de especial intensidade para impulsar novos investimentos en Lugo e Ourense |
|
|
Son subvencionables a fondo perdido investimentos a partir de 200.000 euros, fronte aos 500.000 previstos a nivel xeral de Galicia. Os apoios poderán cubrir ata o 50% dos investimentos impulsados por pequenas empresas. O criterio de localización en Lugo ou en Ourense será avaliado coa máxima puntuación no momento de avaliar e seleccionar os proxectos apoiables.
|
|
Última actualización ( 25/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía especializa axentes de desenvolvemento local para garantir mellor atención aos autónomos |
|
|
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local, dependente do Igape, imparte as xornadas de formación aos integrantes da rede. Comezarán a desenvolverse o próximo día 25 en Vimianzo e rematarán, o día 14 de decembro, en Ourense. A formación continua dos técnicos de promoción económica é un dos obxectivos da Unidade de Promoción e Desenvolvemento Coordina Local.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Garantías por importe de 14,24 millóns de € para apoiar a empresas do naval, textil ou carpinteiría |
|
|
A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, apoia con garantías que suman 3,44 millóns de euros a tres empresas especializadas en carpintería metálica e tradicional, afectadas en xeral pola súa dependencia do sector da construción. A través do Instituto, que concede un aval por importe de 5 millóns de euros, a Xunta respalda igualmente a construción dun barco para Noruega polo estaleiro MetalShips&Docks. Un aval por importe de 5,8 millóns de euros contribúe a desenvolver o plan de viabilidade de Montoto ao refinanciar a longo prazo débedas da empresa téxtil.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Guerra explica a empresarios de Ferrol as liñas para apoiar operacións de circulante e investimentos |
|
|
O conselleiro destacou que os programas re-Solve e re-Brote, abertos para a presentación de solicitudes ata o próximo 30 de decembro, mobilizarán ata 400 millóns de euros en préstamos avalados para circulante. Salientou igualmente os apoios para realizar novos investimentos a través de programas como o de préstamos con fondos do BEI, e o programa re-imaXina, e destacou o incremento dos apoios ás empresas das comarcas no marco do programa financeiro do Igape, ao pasar dos 16 millóns de euros en préstamos habilitados durante 2008 aos máis de 31 millóns de euros en préstamos concedidos no que vai deste ano. O titular de Economía e Industria destacou a aprobación de case 2.000 solicitudes de axuda para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal no que vai de ano.
|
|
Última actualización ( 13/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Javier Guerra destaca a internacionalización como destino imprescindible para as empresas galegas |
|
O Conselleiro de Economía e Industria presidiu a apertura dunha xornada sobre os incentivos de acceso ao crédito e as axudas á mellora competitiva, organizada en colaboración con APD, e salientou que os orzamentos do Igape para impulsar a internacionalización medrarán un 55% en 2010. Os directivos do Instituto que preside Javier Guerra informaron tamén sobre os apoios existentes para impulsar a internacionalización e a mellora da competitividade das firmas galegas.
|
|
Última actualización ( 04/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía apoia con préstamos que suman case 9 millóns de € investimentos que superan os 25 millóns |
|
|
Entre as operacións aprobadas polo Consello de Dirección do Igape destaca o préstamo de 3,1 millóns de euros a Dygra para apoiar o financiamento da longametraxe Holy Night. O Igape apoia tamén, con 2,5 millóns de euros, a recuperación do Palacio de Sober, un hotel de cinco estrelas para a Ribeira Sacra. Os outros préstamos concedidos corresponden a Cablerías Auto, Canteras de Vilanova, Rosa María Mirás e Greymucesa. As axudas da Consellería que dirixe Javier Guerra Fernández permitirán a creación de 56 novos postos de traballo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 21 - 30 de 67 |