|
Máis de 500 encontros orientados a incrementar a internacionalización das empresas galegas |
|
|
Os directores dos Centros de Promoción de Negocios (CPN) que o Igape ten en Alemaña, China, Estados Unidos, Polonia e Xapón mantiveron arredor de 300 entrevistas personalizadas con empresarios galegos interesados nos mercados exteriores. Os empresarios que apostan pola internacionalización recibiron tamén información sobre os mercados e actividades do seu interese no encontro cos axentes comerciais mediadores que atenderon, pola súa banda, máis de 200 entrevistas.
|
|
Last Updated ( Sunday, 09 August 2009 )
|
|
Read more...
|
|
|
O I Foro Transfronteirizo de Biotecnoloxía reuniu a máis de 250 emprendedores e investigadores |
|
|
O Foro Transfronteirizo organizado por BIC GALICIA, sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria, en colaboración coa Fundación Universidade de Vigo e o IPVC, duplicou o número de participantes previsto. Con máis de 250 asistentes entre pemes, investigadores, axentes de apoio e emprendedores, o Foro foi unha oportunidade para coñecer intereses comúns, posibilidades de colaboración e oportunidades de negocio nos ámbitos da saúde, a acuicultura, a agroalimentación e o medio ambiente.
|
|
Last Updated ( Thursday, 09 July 2009 )
|
|
Read more...
|
|
|
Encontro con axentes comerciais mediadores para apoiar a internacionalización das empresas galegas |
|
|
O encontro con axentes comerciais mediadores desenvólvese na sede do Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria, en Santiago, desde o 30 de xuño. Servirá para poñer en contacto a empresas galegas interesadas en chegar a novos mercados, ou ampliar a súa internacionalización, con axentes cualificados en materia de comercio exterior e especializados nun importante número de mercados exteriores.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 01 July 2009 )
|
|
Read more...
|
|
|
Economía e Industria conecta ás pemes innovadoras cos centros tecnolóxicos máis avanzados de Europa |
|
O director xeral do Igape, Joaquín Varela, e Enrique Vila, responsable de BIC Galicia, presentaron hoxe o Proxecto de Cooperación para a Innovación Empresarial Internacional, unha iniciativa que servirá ás empresas galegas participantes para procurar alianzas internacionais. A labor de intermediación do departamento que dirixe Javier Guerra Fernández permitirá ás empresas participantes que a súa oferta tecnolóxica e industrial, así como os seus intereses en I+D, sexan difundidos por Europa.
|
|
Last Updated ( Tuesday, 23 June 2009 )
|
|
Read more...
|
|
|
O Igape lanza Exportgalicia como novo instrumento para apoiar a internacionalización das empresas |
|
|
A nova plataforma telemática facilitará, de xeito gratuíto, a información máis actual sobre a operativa e a práctica do comercio exterior, os servizos personalizados e os datos de interese nos ámbitos da internacionalización, en xeral, e da importación e da exportación en concreto.
|
|
Last Updated ( Monday, 22 June 2009 )
|
|
Read more...
|
|
|
Un total de 59 empresas participan no programa “Saeómercado” para a consolidación de novas pemes |
|
|
A iniciativa promovida por BIC Galicia, a sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria, desenvolverase ata outubro deste ano. O programa avanza en varias fases: formación especializada, titorización do proceso e roldas de negocios. Conta coa colaboración de varias asociacións de emprendedores e novos empresarios.
|
|
Last Updated ( Monday, 15 June 2009 )
|
|
Read more...
|
|
|
O Igape e a DDI integran deseño e a innovación como estratexia de competitividade nas pemes galegas |
|
|
A iniciativa, amparada polo Feder Tecnolóxico comunitario, dispón dun orzamento de 1,7 millóns de euros para 2009 e 2010. O denominado Programa adñ incluirá itinerarios cara o deseño e a innovación que consistirán en intervencións directas para concienciar ás empresas participantes e ofrecerlles accións prácticas que poden incluir desde diagnósticos de situación ata o deseño dun produto innovado.
|
|
Last Updated ( Wednesday, 10 June 2009 )
|
|
Read more...
|
|
|
O Igape promove unha ampliación do Fondo Emprende, que xestiona Xesgalicia, en 14,8 millóns de euros |
|
|
O Fondo Emprende inviste en proxectos impulsados por novos empresarios, en sociedades de nova creación con posibilidades de desenvolvemento e naquelas que acometan actividades novidosas ou apliquen as novas tecnoloxías. Coa ampliación de capital, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria poderá cubrir así novos compromisos de investimento.
|
|
Read more...
|
|
|