O Igape destina un millón de euros á liña para adiantar o cobro da colleita da uva polos produtores PDF
Estes apoios da Consellería de Economía e Industria increméntanse en máis dun 50% nesta edición e facilitan ás pemes produtoras de uva a venda das súas producións. A liña de financiamento permitirá axilizar o pagamento de operacións de compra de uva por ata 15 millóns de euros. As bases desta liña publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia.
 
Read more...
 
O Igape promove a consolidación dos proxectos máis innovadores a través do premio Emprendedor XXI PDF
O Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria participa na difusión do certame e na selección dos mellores proxectos galegos. A mellor empresa galega creada nos dous últimos anos obterá un premio de 5.000 euros e o seu promotor participará nun curso formativo na Universidade de Cambridge. O prazo de presentación de candidaturas para este certame remata o próximo 9 de maio para a categoría Emprendes e o 30 de maio para a categoría Creces.
 
Read more...
 
O plan re-Acciona facilitará asesoramento especializado en competitividade e internacionalización PDF
O novo programa do Igape permitirá a realización de máis de 2.200 diagnósticos e servizos de alto valor engadido, cun orzamento de 5 millóns de euros en dous anos. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra salienta que este Plan Re-Acciona é unha proposta que “responde á reorientación do Igape como un Instituto centrado na prestación de servizos de alta calidade”. As liñas de axudas do Igape destinaron máis de 73 millóns de euros a mellorar a competitividade e a internacionalización en preto de 5.600 proxectos empresariais, durante a lexislatura.
 
Last Updated ( Friday, 30 March 2012 )
Read more...
 
Medio cento de empresas galegas participaron no punto de encontro coa plataforma Pexga de Francia PDF
Medio cento de empresas galegas participaron no punto de encontro coa plataforma Pexga de Francia, que se desenvolveu esta semana en Santiago de Compostela. Sete destas empresas participaron ademais nun encontro de traballo coa directora da plataforma, Belén García, para estudar posibles alianzas e vías de colaboración entre elas nese mercado. Desde a súa apertura no pasado mes de outubro, a plataforma empresarial de Francia prestou servizos a preto de cen empresas.
 
Last Updated ( Monday, 02 April 2012 )
Read more...
 
Javier Guerra renova o compromiso da Xunta de Galicia coa reactivación económica da Costa da Morte PDF
O Plan Revive da Xunta facilitará asesoramento directo a través de oficinas de apoio a empresas localizadas en Corcubión, Carballo e Baio. O conselleiro de Economía e Industria destaca que os emprendedores e as novas empresas poderán contar con subvencións mínimas garantidas do 25% para impulsar os seus investimentos nesta zona. Guerra salientou que, cos apoios concedidos a través do Igape, lévanse mobilizado investimentos empresariais que roldan os 70 millóns de euros.
 
Read more...
 
Arredor de 500 empresas contaron xa co apoio da rede Pexga para consolidar a súa presenza exterior PDF
As plataformas operativas desenvolveron preto de 1.800 accións encamiñadas a reforzar a presenza internacional do tecido empresarial, desde o pasado verán. No traballo desta Rede, desenvolta pola Xunta en colaboración coa CEG, destaca o interese das empresas galegas por países como Colombia, México, Brasil ou Francia. A estratexia de apoio á internacionalización empresarial desenvolta pola Consellería de Economía e Industria reflíctese no incremento das exportacións galegas, que medraron un 17,6% en 2011.
 
Read more...
 
Economía e Industria impulsa a internacionalización dos grandes portos para captar investimentos PDF
O director xeral do Igape mantivo un encontro con directivos das cinco autoridades portuarias de Galicia: Vigo, A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Vilagarcía e Marín para reforzar as vías de colaboración entre eles e coa Xunta. Ademais de potenciar as accións de cada porto, a Consellería apoiará as iniciativas de promoción internacional nas que colaboren tres ou máis portos. Organizarase un evento internacional para promocionar Galicia como plataforma loxística a nivel mundial.
 
Read more...
 
Economía e Industria destina 12,5 millóns de euros a impulsar a internacionalización das pemes PDF
O obxectivo das bases de axudas que veñen de aprobarse é facilitar a internacionalización das empresas galegas sen presenza no exterior e apoiar ás compañías internacionalizadas para que melloren a súa posición nos mercados estranxeiros. O programa de axudas para facilitar a contratación de xestores de exportación case duplica a dotación do pasado ano, co obxectivo de duplicar tamén a incorporación destes profesionais especializados ás empresas galegas.
 
Last Updated ( Friday, 09 March 2012 )
Read more...
 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Results 31 - 40 of 195
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design