Investimento no exterior e cooperación: Convenio IGAPE-COFIDES PDF
COFIDES é unha sociedade estatal de capital mixto creada por Acordo do Consello de Ministros o 12 de febreiro de 1988 para dar apoio financeiro ós investimentos españois en países emerxentes e en desenvolvemento, que pode apoiar hoxe calquera tipo de proxectos privados con interese español neses países, que xestiona actualmente un volume de recursos de 900 millóns de Euros e conta cunha sólida experiencia como Institución Financeira de Desenvolvemento especializada no fomento da internacionalización das empresas españolas.
 
Ao amparo do convenio asinado en setembro de 2006, o Instituto galego de promoción económica (Igape) e a Compañía española de financiación del desarrollo (Cofides) reforzan unha vía de colaboración para facilitar o crecemento das empresas galegas a través da súa internacionalización.
 
Mediante este acordo, Cofides e o Igape –a través de Xesgalicia, a sociedade xestora dos fondos de capital risco da Xunta de Galicia (www.xesgalicia.org)-, poderán prestar apoio financeiro conxunto para mellorar as probabilidades de éxito dos proxectos de investimento e cooperación empresarial internacional promovidos por sociedades galegas no exterior.
 
 
 
Última actualización ( 31/01/2012 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design