| Joaquín Varela de Limia Cominges, novo director xeral do Igape |
|
|
Licenciado en Ciencias Económicas e con especialidades en dirección e administración de empresas, Joaquín Varela de Limia desenvolveu boa parte da súa actividade profesional, ata o momento, como auditor en PricewaterhouseCoopers. O seu nomeamento foi acordado hoxe polo Consello de Dirección do Instituto.
Santiago, 15 de maio de 2009.- Na súa reunión de hoxe, e a proposta do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) acordou nomear a Joaquín Varela de Limia Cominges como novo director xeral deste organismo.Joaquín Varela é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo, diplomado en Dirección e Administración de Empresas (DBA) pola Escola de Negocios Caixanova e pola Universidade de Gales, e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA), especialidade en control de xestión, pola Escola de Negocios Caixanova.
Joaquín Varela, tamén especialista en auditoria é membro do ROAC-, desenvolveu a súa actividade profesional, desde 1994, en PricewaterhouseCoopers, onde ata agora ocupaba o cargo de Senior Manager de Auditoría. Como consecuencia da súa experiencia como auditor, o novo director xeral do Igape, dispón dun amplo e profundo coñecemento do tecido empresarial de Galicia.
|
|
| Última actualización ( 15/05/2009 ) |


Santiago, 15 de maio de 2009.- Na súa reunión de hoxe, e a proposta do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) acordou nomear a Joaquín Varela de Limia Cominges como novo director xeral deste organismo.