| Misión |
|
|
O Igape é a Axencia de desenvolvemento de Galicia. Como ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propios, entre os seus principais obxectivos están os de fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo.
O Igape actúa de xeito proactivo e transparente, empregando tecnoloxías como a sinatura dixital para axilizar e simplificar a tramitación administrativa, e promove as actuacións de cooperación e os proxectos colectivos, liderados por agrupacións empresariais, para facer posible un efecto multiplicador na xestión dos recursos públicos.
Para achegar os seus servizos e axudas aos usuarios, o instituto ten oficinas territoriais nas sete principais cidades galegas. Ao mesmo tempo, para facilitar a internacionalización das pemes galegas e captar investimentos estranxeiros, o Instituto está a poñer en marcha unha rede de plataformas empresariais nos mercados de maior interese para o tecido produtivo de Galicia.
|
|
| Última actualización ( 13/09/2011 ) |


