Novas
Fernández Antonio destaca a eficacia do Plan Ferrol polo positivo resultado en crecemento e emprego PDF
As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal teñen avanzado de forma significativa nos últimos dous anos grazas á eficacia do Plan Ferrol reflectida nos positivos resultados acadados en termos de crecemento de actividade e emprego. Así o explicou no Parlamento o conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, que subliñou que en vinte meses se ten avanzado en todas as liñas do plan, apostando pola diversificación do tecido produtivo cara a sectores de futuro e xeradores de emprego; e por actuacións transversais en materia de infraestruturas, I+D+i ou formación para incrementar a competitividade do territorio. O Proxecto de Desenvolvemento Integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal 2007-2011, presentado en marzo do 2007, é resultado da acción coordinada e concertada entre a Xunta, a Administración central e os axentes sociais reunidos na Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF).
 
Última actualización ( 03/03/2009 )
Ler máis...
 
Nova liña de axudas para as empresas galegas que queiran financiar a súa expansión a través do MAB PDF
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, vén de anunciar unha nova liña do Igape para apoiar as empresas que queiran financiar a súa expansión a través do novo mercado alternativo bursátil. O conselleiro subliñou que o MAB pode apoiar á modernización e mellora da xestión das empresas, axudar a fortalecer as súas estruturas financeiras e aumentar a liquidez.
 
Última actualización ( 25/03/2009 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio anuncia que a Xunta reforza as medidas de apoio ás empresas con tres novas liñas PDF
ImageO conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape anunciou tres novas liñas para financiamento de circulante, ampliacións de capital e refinanciamento de pemes que permitirán operacións de 150 millóns de euros. O Igape tamén incrementará os recursos dos fondos de capital risco Emprende e Adiante en 10,2 millóns de euros. Fernández Antonio subliñou que as medidas afondan na estratexia desenvolvida para facilitar ás empresas financiamento mediante avais, préstamos, capital risco ou as liñas sectoriais.
 
Última actualización ( 06/11/2008 )
Ler máis...
 
Nova liña de axudas para as empresas galegas que queiran financiar a súa expansión a través do MAB PDF
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, vén de anunciar a posta en marcha dunha nova liña de axudas do Igape dirixida a empresas que queiran financiar a súa expansión a través do novo Mercado Alternativo Bursátil (MAB), que pode contribuír á modernización e mellora da xestión das empresas, axudar a fortalecer as súas estruturas financeiras e aumentar a liquidez.
 
Última actualización ( 30/09/2008 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio negocia préstamos do BEI por 330 millóns de euros para financiamento empresarial PDF
ImageO conselleiro de Economía e Facenda anunciou a ampliación do préstamo para as empresas galegas ata 200 millóns de euros tras a demanda rexistrada no que vai de ano na liña de 30 millóns de euros asinada co BEI a través do Igape. Na reunión celebrada co vicepresidente do BEI, Carlos da Silva Costa, Fernández Antonio acordou a análise dun préstamo de 100 millóns de euros para proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.
 
Última actualización ( 03/03/2009 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio salienta que o número de grandes proxectos recibidos no Igape medrou nun 140% PDF
ImageO conselleiro de Economía e Facenda asinou un convenio con Afigal e Sogarpo polo que destinará 6 millóns de euros ao reforzamento das sociedades de garantía recíproca, o que permitirá incrementar en 30 millóns de euros o financiamento ás pemes galegas. Fernández Antonio destacou que a medida está enmarcada no Acordo pola Competitividade asinado o pasado luns, e lembrou o papel determinante que xogan as SGRs no financiamento empresarial.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
O director xeral do Igape anima aos empresarios a investir e mirar cara os mercados exteriores PDF
Durante a súa intervención no acto de inauguración da Antena aberta pola Cámara de Comercio de Ourense no Barco de Valdeorras, o director xeral do Igape, Álvaro Álvarez-Blázquez, animou aos empresarios asistentes a investir na zona e a mirar cara os mercados exteriores, sen esquecer o de Portugal, que considerou de especial interese por razóns de proximidade e accesibilidade.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio anuncia novos apoios financeiros ás empresas por importe de 40 millóns de euros PDF
ImageO conselleiro de Economía e Facenda anunciou a aprobación dunha achega de 6 millóns de euros a Afigal e Sogarpo que permitirá incrementar a súa actividade avalista en 30 millóns de euros. O presidente de Igape e Xesgalicia tamén anunciou a aprobación do fondo de capital risco de Ferrolterra dotado con 12 millóns de euros e participado pola Xunta, Sepides, Enisa e as caixas de aforro galegas. Os consellos de Igape e Xesgalicia tamén aprobaron operacións de préstamos en empresas por valor de 21 millóns de €.
 
Última actualización ( 23/10/2008 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 48 de 109
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design