Novas
O 70 por cento das actuacións do plan de competitividade do Impulsa Ourense xa están en execución PDF
O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.
 
Última actualización ( 24/01/2012 )
Ler máis...
 
As empresas galegas xa realizaron máis de 3.000 descargas dos textos da Biblioteca de Innovación PDF
A Biblioteca de Innovación de Galicia que vén de poñer en marcha a Consellería de Economía e Industria a través do Igape, xa rexistrou máis de 3.000 descargas dos textos dunha colección centrada nas vías e posibilidades da innovación empresarial. As publicacións dixitais, dispoñibles tanto para Ipad ou libro electrónico como en formato pdf, abordan a xestión da innovación, a incorporación da tecnoloxía, o financiamento dos proxectos innovadores ou o capital humano e a creatividade.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria achega recursos formativos en liña para mellorar a competitividade das empresas PDF
Na Biblioteca de Innovación de Galicia que vén de poñer en marcha o Igape pódese descargar de xeito gratuíto unha colección de textos sobre as vías e posibilidades da innovación empresarial. As publicacións dixitais, dispoñibles tanto para Ipad ou libro electrónico como en formato pdf, abordan aspectos como a xestión da innovación, a incorporación da tecnoloxía, o financiamento dos proxectos innovadores ou o capital humano e a creatividade.
 
Última actualización ( 23/01/2012 )
Ler máis...
 
Economía e Industria apoia ós clústers para facer máis competitivos os sectores estratéxicos galegos PDF
O director do Igape, Javier Aguilera, participou na conferencia de clausura do Proxecto europeo ATClusters e adiantou que se vai manter esta dinámica de cooperación transnacional mediante o novo proxecto ATC4 Excellence, aprobado xa pola UE. Aguilera Navarro definiu aos clúster como “grandes pancas da transformación económica cara a un futuro de recuperación e crecemento”.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria reforza o programa Innoempresa para impulsar a innovación empresarial das pemes PDF
A Xunta apoiou a innovación empresarial en máis de 3.000 pemes e facilitou a mobilización de investimentos por 40 millóns, con este Programa. O Goberno galego aposta pola innovación como estratexia de crecemento aumentando nun 50% os fondos de Innoempresa neste exercicio. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra,  salienta que “o balance de 2011 é moi positivo”, con 1.320 empresas apoiadas, un 95% máis que en 2010 e o respaldo á consolidación de preto de 12.000 postos de traballo.
 
Última actualización ( 01/12/2011 )
Ler máis...
 
BIC Galicia impulsa a consolidación de empresas innovadoras mediante o Programa Innocoaching PDF
A iniciativa Innocoaching pretende impulsar o crecemento e a consolidación de empresas galegas de nova creación mediante a formación de adestradores no ámbito da innovación. A formación continua, a motivación e a dirección de equipos están entre as claves deste novo programa.
 
Última actualización ( 11/10/2011 )
Ler máis...
 
Economía e Industria participa en Biatlántic para achegar información dos servizos e axudas do Igape PDF
O Instituto que preside Javier Guerra facilitará a empresarios e profesionais que visiten o Salon Biatlántic información sobre os servizos, instrumentos e apoios ás actividades empresariais. A directora de BIC Galicia, Maite Cancelo, pronunciará neste marco un relatorio sobre os resultados do programa Bioemprende, unha iniciativa de cooperación transfronteiriza liderada pola sociedade da Consellería de Economía e Industria.
 
Última actualización ( 04/10/2011 )
Ler máis...
 
O programa BIC i-Teams fomentará os proxectos de innovación nas empresas galegas de base tecnolóxica PDF
Poderán participar no Programa impulsado por BIC Galicia as pemes que busquen a redefinición ou a mellora da súa oferta de produtos e servizos, se teñen menos de 48 meses e son de base tecnolóxica. A metodoloxía do programa combina formación práctica con asesoramento externo e permitirá que as firmas participantes desenvolvan un proxecto específico de innovación de produto ou servizo en menos de 3 meses.
 
Última actualización ( 11/10/2011 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 12 de 121
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design