|
O Igape promove a consolidación dos proxectos máis innovadores a través do premio Emprendedor XXI |
|
|
O Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria participa na difusión do certame e na selección dos mellores proxectos galegos. A mellor empresa galega creada nos dous últimos anos obterá un premio de 5.000 euros e o seu promotor participará nun curso formativo na Universidade de Cambridge. O prazo de presentación de candidaturas para este certame remata o próximo 9 de maio para a categoría Emprendes e o 30 de maio para a categoría Creces.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O programa de apoio á iniciativa emprendedora do Igape favorece a posta en marcha de novas empresas |
|
|
A través do Igape, BIC Galicia e Xesgalicia, a Consellería de Economía e Industria activou novos programas para facilitar a creación e a consolidación de novos proxectos empresariais. Mediante re-Imaxina e re-Emprende, apoiou a máis de 900 iniciativas. Cos fondos de capital risco de XesGalicia, a Consellería pon ao dispor dos emprendedores mais de 23 millóns de euros. Nos dez primeiros meses do ano creáronse en Galicia 3.430 novas sociedades mercantís e 1.549 empresas ampliaron capital. Nos cursos, seminarios e xornadas de formación e asesoramento participaron máis de 6.000 persoas este ano.
|
|
Última actualización ( 30/12/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria estimula o emprendemento con financiamento, formación e asesoramento |
|
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou no acto de presentación do informe GEM o incremento nun 6% dos emprendedores que pensan crear unha empresa a curto prazo. O estudo, no que colaboran a Xunta, a Universidade de Santiago e a CEG, sinala que aumentaron nun 44% as iniciativas empresariais consolidadas. O Igape aprobou nesta lexislatura, a través dos programas re-Imaxina e re-Emprende, apoios a máis de 900 proxectos de emprendedores, microempresas o pemes que están a crecer.
|
|
Última actualización ( 30/11/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria axuda aos emprendedores para mellorar o impacto económico da I+D |
|
|
Esta tarde desenvolvese un seminario sobre innovación aberta a partir dunha conferencia impartida desde Estados Unidos. A sesión, organizada por BIC Galicia, está dirixida a investigadores, emprendedores de base científico-tecnolóxica e técnicos de transferencia de tecnoloxía. O próximo 14 de decembro haberá outro seminario sobre a creación dunha start up de base científica e tecnolóxica.
|
|
Última actualización ( 29/11/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria impulsa proxectos innovadores en 15 novas empresas co programa BIC I-TEAMS |
|
|
As pequenas e medianas empresas seleccionadas recibirán asesoramento para obter resultados dos seus proxectos en menos de tres meses. Ao remate do programa os traballadores estarán preparados para desenvolver sós os procesos de innovación necesarios para ser competitivos. Entre os participantes atópanse firmas de servizos TIC pioneiras en Galicia, como o portal Classora, con máis dun millón de páxinas visitadas ao mes, ou On-Touch, dedicada a novas tecnoloxías publicitarias.
|
|
Ler máis...
|
|
|
BIC Galicia promove a creación de empresas de base tecnolóxica nas humanidades e as ciencias sociais |
|
|
A sociedade dependente de Economía e Industria colabora co CSIC para impulsar a iniciativa emprendedora entre docentes e investigadores. O proxecto Humaniza creará un banco de ideas con potencial para converterse en empresas e un mecanismo que actúe como acelerador para a constitución das novas sociedades.
|
|
Última actualización ( 27/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Javier Guerra reitera o compromiso da Xunta cos novos proxectos innovadores no Día Emprendedor |
|
|
O conselleiro de Economía e Industria garante que a Xunta apoiará as ideas que incorporan a innovación ao ámbito empresarial e destaca os instrumentos que ofrece o Goberno galego ás pemes e emprendedores para acceder a formación, asesoramento e financiamento para os seus proxectos. Segundo Javier Guerra, estamos no bo camiño para consolidar unha cultura do emprendemento que está chamada a dinamizar a nosa economía nos próximos anos. Máis de 60 empresarios de éxito e especialistas compartiron as súas experiencias cos máis de 2.000 asistentes ao evento.
|
|
Última actualización ( 25/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Día Emprendedor de Galicia reunirá en Santiago a máis de 2.000 persoas con vocación empresarial |
|
A iniciativa está promovida pola Consellería de Economía e Industria, en colaboración co Mityc, e organizada polo Igape e BIC Galicia, contando co apoio doutras entidades que traballan no ámbito do emprendemento. Entre os relatores haberá máis de 60 empresarios de éxito e especialistas en emprendemento dispostos a compartir coñecemento e apoiar o desenvolvemento de novas ideas xurdidas en Galicia. Na sesión plenaria participará Antonio González Barros, fundador e presidente do grupo de empresas Intercom.
|
|
Última actualización ( 25/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 12 de 72 |