Novas
O re-Solve+ prevé mobilizar 200 millóns de euros para fortalecer a estrutura financeira das pemes PDF
O conselleiro de Economía e Industria destacou que este programa substitúe e mellora sensiblemente ao re-Solve ao cubrir operacións de ata 300.000 euros, fronte ao límite anterior de 40.000 euros. Javier Guerra salienta tamén que a nova liña supón un avance decisivo nos compromisos asumidos a través do Plan re-Forza 2010 do Igape para facer fronte ás restricións de crédito. O obxectivo é que o tecido empresarial poida acceder ao crédito que precisa para o seu financiamento operativo e para  mellorar os seus niveis de competitividade.
 
Última actualización ( 21/09/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria prorroga o programa de garantías re-Brote para financiar circulante ás empresas PDF
A ampliación do prazo, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, habilitará a presentación de solicitudes ata o próximo 31 de decembro. O programa facilitará operacións de financiamento de circulante por un importe mínimo de 300.000 euros avaladas polo Igape nunha porcentaxe comprendida entre o 40 e o 60%.
 
Última actualización ( 26/07/2010 )
Ler máis...
 
Javier guerra presenta o re-Solve+, destinado a fortalecer a estrutura financeira das pemes galegas PDF
O conselleiro de Economía e Industria destacou que este programa substitúe e mellora sensiblemente ao re-Solve ao cubrir operacións de ata 500.000 euros, fronte ao límite anterior de 40.000 euros. A Xunta da un paso adiante nos compromisos asumidos a través do Plan re-Forza 2010 do Igape para facer fronte ás restricións de crédito. Guerra salientou que o novo programa inclúe como beneficiarios das operacións de financiamento, avaladas nun 100%, ás pemes. A nova liña entrará en vigor unha vez se asine o correspondente convenio coas SGR e cando se publiquen as bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia.
 
Última actualización ( 20/09/2010 )
Ler máis...
 
Javier Guerra afirma que co Plan re-Forza o Igape acelera nun 54% os pagamentos das axudas PDF
A Consellería de Economía e Industria cumpre os obxectivos previstos para este ano 2010 de dar unha atención máis eficiente, rápida e directa ás empresas que solicitan as axudas do Instituto. Durante os 5 primeiros meses do ano, as solicitudes de cobro de axudas xa pagadas incrementáronse nun 500% con respecto ao ano anterior. O conselleiro de Economía e Industria explicou tamén que durante os 5 primeiros meses do ano o novo modelo de xestión do Igape fixo que as solicitudes de axuda resoltas se incrementaran nun 63% con respecto ao mesmo período do ano 2009.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria mobiliza préstamos por 4,4 millóns para apoiar a consolidación do Grupo Támega PDF
A Consellería que dirixe Javier Guerra facilita deste xeito que a empresa amplie o prazo de amortización do principal do préstamo de 3,2 millóns avalado polo Igape e dispoña de circulante grazas ao préstamo achegado por Xesgalicia. O Grupo Támega, especializado en  transporte de mercadorías, emprega a 140 traballadores. Estas operacións poñen de relevo o compromiso da Consellería de Economía para facilitar apoios á continuidade das empresas mediante instrumentos destinados a compartir riscos cos empresarios e facilitar o financiamento para reestruturar pasivos ou para circulante.
 
Última actualización ( 06/10/2010 )
Ler máis...
 
Guerra salienta o incremento do 428% nos apoios para a competitividade das empresas agroalimentarias PDF
Durante unha visita ás instalacións da cooperativa Feiraco, o conselleiro de Economía e Industria destacou o incremento do 428% nos apoios mediante avais para consolidar a competitividade das empresas agroalimentarias galegas, e destacou que durante o pasado ano o Igape concedeu axudas por importe de case 19 millóns de euros e mobilizou préstamos por máis de 45 millóns para empresas do sector agroalimentario.  A cooperativa láctea conta cun recente aval do Igape que lle permitirá acadar os obxectivos precisos para completar o seu plan de viabilidade.
 
Ler máis...
 
O Igape apoiará ao tecido empresarial con maior axilidade e eficiencia no marco do re-Forza 2010 PDF
O director xeral do Instituto, Joaquín Varela de Limia, aposta por unha xestión máis dinámica para conseguir que os apoios ás empresas sexan máis efectivos e destaca os anticipos sen aval como forma de pre financiamento de proxectos No marco do plan re-Forza 2010, explicou, “estamos a converter o Instituto nunha organización que actúa con máis axilidade e de xeito flexible para dar axeitada resposta ás necesidades do tecido empresarial galego”. Varela clausurou as xornadas organizadas por APD sobre como enfrontar os procesos de financiamento e reestruturación financeira das empresas, e salientou as  axudas para elaborar análises económico-financeiras das pemes.
 
Última actualización ( 06/05/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria facilita a consolidación dun milleiro de empregos mediante apoios a 10 empresas PDF
As axudas concedidas no último consello de dirección suman 9,5 millóns de euros e van destinadas a financiar investimentos ou apoiar operacións de financiamento que suman 17 millóns de euros. As empresas beneficiarias pertencen a sectores como o agroalimentario, o da madeira, audiovisual, químico, metal ou TIC.
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 48 de 129
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design