|
Economía e Industria destina case 5 millóns de euros a mellorar a capacidade innovadora das pemes |
|
|
A través do programa Innoempresa, que este ano inclúe apoios de especial intensidade para os proxectos que se comprometan á creación de emprego, especialmente para membros dos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral. Tamén se valorarán de xeito especial os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios. O prazo para a presentación de solicitudes polas empresas interesadas será dun mes.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape destina un millón de euros á liña para adiantar o cobro da colleita da uva polos produtores |
|
Estes apoios da Consellería de Economía e Industria increméntanse en máis dun 50% nesta edición e facilitan ás pemes produtoras de uva a venda das súas producións. A liña de financiamento permitirá axilizar o pagamento de operacións de compra de uva por ata 15 millóns de euros. As bases desta liña publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria apoia aos clúster para mellorar a súa competitividade e a internacionalización |
|
|
O Igape traballa cos clúster para mellorar a eficacia e a rendibilidade destas organizacións. Esta iniciativa abre novas posibilidades de cooperación entre empresas e clúster que poderán ter continuidade nunha xuntanza dos principais clúster galegos prevista este mes. Os grupos de traballo xurdiron ao abeiro da política de apoio aos clúster da Consellería e máis de acordo coa nova Lei de Política Industrial de Galicia que sitúa a estas organizacións como dinamizadoras da economía galega.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O plan re-Acciona facilitará asesoramento especializado en competitividade e internacionalización |
|
|
O novo programa do Igape permitirá a realización de máis de 2.200 diagnósticos e servizos de alto valor engadido, cun orzamento de 5 millóns de euros en dous anos. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra salienta que este Plan Re-Acciona é unha proposta que responde á reorientación do Igape como un Instituto centrado na prestación de servizos de alta calidade. As liñas de axudas do Igape destinaron máis de 73 millóns de euros a mellorar a competitividade e a internacionalización en preto de 5.600 proxectos empresariais, durante a lexislatura.
|
|
Última actualización ( 30/03/2012 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Javier Guerra renova o compromiso da Xunta de Galicia coa reactivación económica da Costa da Morte |
|
|
O Plan Revive da Xunta facilitará asesoramento directo a través de oficinas de apoio a empresas localizadas en Corcubión, Carballo e Baio. O conselleiro de Economía e Industria destaca que os emprendedores e as novas empresas poderán contar con subvencións mínimas garantidas do 25% para impulsar os seus investimentos nesta zona. Guerra salientou que, cos apoios concedidos a través do Igape, lévanse mobilizado investimentos empresariais que roldan os 70 millóns de euros.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O programa de diagnósticos de competitividade do Igape axudará a mellorar a xestión das empresas |
|
O director xeral do Instituto, Javier Aguilera, amosouse convencido de que diagnósticos serán un instrumento fundamental para acadar a modernización do tecido empresarial galego. Con este programa desenvolverase un traballo individualizado con cada empresa para avanzar nas propostas de accións de mellora. A esta experiencia piloto seguirá unha ampliación da oferta de diagnósticos facéndoa extensiva a todas as empresas interesadas.
|
|
Última actualización ( 05/03/2012 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Javier Guerra salienta que o Igape está a prestar un apoio indiscutible ao tecido empresarial galego |
|
|
O Conselleiro de Economía e Industria destacou no Parlamento que o Igape está consolidando unha nova estrutura que concede especial atención á internacionalización e a mellora competitiva. O titular de Economía e Industria lembra que o Instituto leva aprobados no que vai de lexislatura máis de 50.000 proxectos fronte aos 10.000 do goberno anterior. Os proxectos aprobados axudaron a manter ou crear, só en 2011, preto de 50.000 postos de traballo.
|
|
Última actualización ( 17/02/2012 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape promove a excelencia nos clústers a través dun proxecto europeo que se presenta en Londres |
|
|
O obxectivo da iniciativa ATC4Excellence, na que participa a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto e xunto con entidades de Irlanda, Portugal, Asturias e Cantabria, é promover as mellores prácticas nos clusters das rexións europeas implicadas. O proxecto, que busca incrementar a internacionalización destas organizacións empresariais, dálle continuidade ao exitoso ATClusters, liderado polo Igape.
|
|
Última actualización ( 09/02/2012 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 12 de 129 |