Novas
A internacionalización, a innovación e a cooperación centran os debates do X Foro das ADR PDF
O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, salientou a aposta da Xunta para acelerar a proxección exterior da economía galega na inauguración do X Foro da Asociación Española de Agencias de Desarrollo Regional. Os responsables das ADR españolas debaten en Galicia alternativas para concretar o seu modelo de futuro, para optimizar os servizos e apoios que prestan a empresas e emprendedores. O encontro acolle ademais debates sobre a xestión de innovación ou a planificación dos procesos de internacionalización.
 
Última actualización ( 03/11/2010 )
Ler máis...
 
O Igape promove os procesos de internacionalización de alta competitividade no encontro coas ADR PDF
  1. No marco do X Foro de Axencias de Desenvolvemento Rexional que organiza a Consellería de Economía e Industria través do Igape, e que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo 28 de outubro, promoverá tamén a xestión da innovación. O encontro promovido pola Asociación Española de ADR incluirá tamén debates sobre a xestión do talento como base da competencia empresarial, así como relatorios e coloquios entre os directivos e técnicos das entidades para optimizar os seus apoios e servizos ás empresas.
 
Última actualización ( 28/10/2010 )
Ler máis...
 
Corenta empresas galegas poderán incorporar innovación vía deseño no marco do programa “adñ” PDF
No marco do programa promovido por Enisa, apoiado pola Consellería de Economía e Industria e desenvolvido en Galicia en colaboración co Igape, o itinerario adñ constitúe unha iniciativa tutelada e individualizada que, ao longo dun ano, afondará nos procesos internos de deseño e innovación de cada empresa participante. A presentación da nova convocatoria será nunha sesión informativa aberta que se desenvolverá en datas próximas por determinar.
 
Última actualización ( 30/09/2010 )
Ler máis...
 
O encontro sobre “Os camiños da reactivación” xuntará en Galicia a 1.500 directivos empresariais PDF
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou os obxectivos deste evento con directivos da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), que se ocupa da organización. Os grandes retos de competitividade empresarial centrarán boa parte dos debates, xunto coas grandes tendencias que están a cambiar o mundo en xeral e as empresas en particular. O conselleiro destacou que o Igape recibiu este ano máis de 2.200 solicitudes de apoio para iniciativas ou proxectos de mellora da competitividade, capítulo para o que dispón dun orzamento de 17,4 millóns de euros.
 
Última actualización ( 22/09/2010 )
Ler máis...
 
O re-Solve+ prevé mobilizar 200 millóns de euros para fortalecer a estrutura financeira das pemes PDF
O conselleiro de Economía e Industria destacou que este programa substitúe e mellora sensiblemente ao re-Solve ao cubrir operacións de ata 300.000 euros, fronte ao límite anterior de 40.000 euros. Javier Guerra salienta tamén que a nova liña supón un avance decisivo nos compromisos asumidos a través do Plan re-Forza 2010 do Igape para facer fronte ás restricións de crédito. O obxectivo é que o tecido empresarial poida acceder ao crédito que precisa para o seu financiamento operativo e para  mellorar os seus niveis de competitividade.
 
Última actualización ( 21/09/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria prorroga o programa de garantías re-Brote para financiar circulante ás empresas PDF
A ampliación do prazo, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, habilitará a presentación de solicitudes ata o próximo 31 de decembro. O programa facilitará operacións de financiamento de circulante por un importe mínimo de 300.000 euros avaladas polo Igape nunha porcentaxe comprendida entre o 40 e o 60%.
 
Última actualización ( 26/07/2010 )
Ler máis...
 
Javier guerra presenta o re-Solve+, destinado a fortalecer a estrutura financeira das pemes galegas PDF
O conselleiro de Economía e Industria destacou que este programa substitúe e mellora sensiblemente ao re-Solve ao cubrir operacións de ata 500.000 euros, fronte ao límite anterior de 40.000 euros. A Xunta da un paso adiante nos compromisos asumidos a través do Plan re-Forza 2010 do Igape para facer fronte ás restricións de crédito. Guerra salientou que o novo programa inclúe como beneficiarios das operacións de financiamento, avaladas nun 100%, ás pemes. A nova liña entrará en vigor unha vez se asine o correspondente convenio coas SGR e cando se publiquen as bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia.
 
Última actualización ( 20/09/2010 )
Ler máis...
 
Javier Guerra afirma que co Plan re-Forza o Igape acelera nun 54% os pagamentos das axudas PDF
A Consellería de Economía e Industria cumpre os obxectivos previstos para este ano 2010 de dar unha atención máis eficiente, rápida e directa ás empresas que solicitan as axudas do Instituto. Durante os 5 primeiros meses do ano, as solicitudes de cobro de axudas xa pagadas incrementáronse nun 500% con respecto ao ano anterior. O conselleiro de Economía e Industria explicou tamén que durante os 5 primeiros meses do ano o novo modelo de xestión do Igape fixo que as solicitudes de axuda resoltas se incrementaran nun 63% con respecto ao mesmo período do ano 2009.
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 25 - 36 de 121
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design